Skip to Content

XORNADA DE PORTAS ABERTAS - UN DÍA NA NOSA ESCOLA

Este curso a Xornada de portas abertas non se realizará de forma presencial, pero dalgunha forma queríamos dar a coñecer a todas as familias que estades a piques de escolarizar as vosas fillas e fillos, como é un día na nosa escola. 

Neste vídeo intentamos recoller todas as dúbidas que soen consultar as familias nas Xornadas de portas abertas.

Para mais información, quedamos a vosa disposición a través do correo electrónico do centro: ceip.zalaeta@edu.xunta.gal, e do número de teléfono do centro: 981-21-17-47

 

 

Día Escolar da non Violencia e da Paz

 

RESERVA DE PRAZA NO IES RAMÓN MENÉNDEZ PIDAL-ZALAETA PARA O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

INFORMACIÓN RELATIVA AO PROCESO DE ADMISIÓN NOS CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2021/2022 DO ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

Seguindo a Orde do 18 de decembro de 2020 que modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B) informamos: 

 

  • O proceso de admisión que da comezo no día de hoxe é para a realización de solicitude nos centros adscritos a cada CEIP. No noso caso o centro adscrito é o IES Ramón Menéndez Pidal- Zalaeta. 

 

  • Todas as familias interesadas en realizar o proceso de solicitude de praza no IES Ramón Menéndez Pidal poderán realízalo a partires de hoxe 11 de xaneiro e ata o 8 de febreiro.

 

  • A solicitude poderá presentarse de acordo con algunha das opcións existentes no seguinte enlace: 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • No caso de elixir a opción de entrega no centro de orixe, poden facela na secretaría do noso centro (solicitando cita previa por correo electrónico á dirección do centro: ceip.zalaeta@edu.xunta.gal)

 

  • Se queren unha copia do formulario normalizado poden solicitala chamando ao número de teléfono do centro: 981-21-17-47 e se fará entrega do mesmo á alumna/o. 

 FORMULARIO CASTELÁN

FORMULARIO GALEGO

Poden consultar a páxina da Consellería para máis información. Premen no seguinte enlace:

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/2022

 

Para calquera dúbida ou consulta quedamos á súa disposición vía telefónica ou por correo electrónico. 

A directora, 

Paula Díaz Gato.

 

 

ESTE NADAL OS FAROS INUNDAN DE LUZ ZALAETA

 

A comunidade educativa do CEIP de Zalaeta deséxavos Felices Festas!

QUEREDES VER AS NOSAS POSTAIS?

ASÍ ILUMINAN OS NOSOS FAROS O NADAL EN ZALAETA, MIRADE: 


 

LEMBRADE VISITAR O BLOGUE DA NOSA BIBLIOTECA, ENCONTRAREDES UNHAS RECOMENDACIÓNS PARA LECTURA NO TEMPO DE NADAL MOI INTERESANTES!

PREME NA IMÁXE

AS NOSAS CANTIGAS DE NADAL

ALUMNAS E ALUMNOS DE EDUCACIÓN INFANTIL 

ALUMNAS E ALUMNOS DE 1º, 2º 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

ALUMNAS E ALUMNOS DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

25 de novembro de 2020: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

O alumnado e os mestres do CEIP de Zalaeta preparamos este videoclip, adaptando a canción de Rozalén "La puerta violeta".

Un ano mais dicimos: NON á violencia de xénero. 

20 DE NOVEMBRO: DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut