Skip to Content

Coñecendo o entorno da Torre de Hércules

 

 

 

 

 

 

 

 

Pasámolo en grande na visita á Torre de Hércules organizada polo Concello de A Coruña. 

LISTAXES DEFINITIVAS FONDO LIBROS E AXUDAS PARA ADQUISIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 

Fondo de libros:

- Xa poden consultar a listaxe definitiva a través de:

  •          Taboleiro de anuncios do centro (en horario de 10.00-13.00)

Vales de libros e material:

- Xa poden consultar a resolución definitiva relativa a súa solicitude a través de:

        - https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/
        - Chamando ao centro, dado que a listaxe contén datos de carácter persoal e non se pode publicar  no taboleiro de anuncios do centro.

HORARIO DE ENTREGA DE VALES DE TODOS OS CURSOS DE EDUCACIÓN PRIMARIA E LIBROS DO FONDO SOAMENTE PARA 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

MÉRCORES

7

XOVES

8

VENRES

9

LUNS

12

MARTES

13

En horario de 10:00 a 12:30 h.

 

Os libros do fondo correspondentes ao curso de 3º de educación primaria entregaranse en setembro.
 

A directora, Paula Díaz Gato.

BECAS DE COMEDOR MUNICIPAIS

Convocatoria Bolsas Comedor Municipais curso 2021-20220

Hoxe 02 de xullo de 2021 publicáronse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, os listados de requirimento de emenda de documentación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2021-2022.

Pódense consultar en:

-Taboleiro de edictos https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/infopublica?method=view&id=13610-

- Páxina web de servizos sociais https://www.coruna.gal/serviciossociales/

 

Os listados cos requirimentos de emenda de documentación, identificarán as solicitudes atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial e ao número de expediente asignado.

O prazo para a presentación da documentación requirida é do 5 ao 16 de xullo, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxae do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021/22

 

En canto ao fondo de libros:

- Xa poden consultar a listaxe provisional a través de:

  •          Taboleiro de anuncios do centro (en horario de 10.00-13.00)

En canto aos vales de libros e material:

- Xa poden consultar a información relativa a súa solicitude a través de:

        - https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/
        - Chamando ao centro, dado que a listaxe contén datos de carácter persoal e non se pode publicar  no taboleiro de anuncios do centro.

Seguindo a lexislación vixente teñen dous días para a reclamación das listaxes provisionais.

Un saúdo,

A directora, Paula Díaz Gato.

INFORMACIÓN FIN DE CURSO 2020/2021

Premer na imáxe para acceder á información.

 

 

IV Certame de Creación ANPA Berbiriana/ CEIP Zalaeta

Premendo na fotografía poderedes acceder ao produto final que foi o resultado do IV Certame de Creación.

Esta iniciativa naceu xa fai uns anos e ten intención de quedarse con nós durante moito tempo. Con ela a ANPA pretende fomentar a produción artística e literaria, promovendo así o gusto pola lectura e deixando que a vosa imaxinación voe tan lonxe como desexedes.

 

 

Moitas grazas a todo o alumnado e familias pola vosa participación!

 

FOMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

O alumnado admitido no centro deberá formalizar a matrícula no seguinte prazo:

Dende o 20 ata o 30 de xuño (ambos inclusíve)

Documentación necesaria:

  •  Impreso de matrícula. 
  •  2 fotografías tamaño carnet. 
  • DNI dos proxenitores ou titores legais. 
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria. 
  • De ser o caso, setencia de separación ou divorcio (no caso de non telo entregado no período de escolaraización)
  •  Cuestionario lingua materna (soamente alumnado de 4º E.I.)
  • Para o alumnado xa escolarizado noutro centro: certificado de matrícula do centro de procedencia. 

 

 Para a entrega de dita documentación no centro solicen cita a través do correo electrónico: ceip.zalaeta@edu.xunta.gal

                                                              

     Impreso de formalización de matrícula                                                                                    Cuestionario lingua materna    

                                                                                     

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2021/2022

Preme na imáxe para acceder á listaxe de libros de texto. 

 

O alumnado de educación infantil non ten libros de texto. 

O alumnado de 5º e 6º de educación primaria forma parte do proxecto E-Dixgal, polo que teñen libros dixitais.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021/22

 

Segundo a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas a alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/2022.

Poden consultar a Orde premen no seguinte enlace:

 

DESTINATARIOS:

 

  - Para o fondo solidario de libros de texto:

  • Alumnado matriculado en 3º, 4º de educación primaria.  

    O alumnado matriculado en centros incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL), como é o caso do noso centro nos cursos de 5º e 6º de educación primaria, está excluído da participación do fondo solidario dos libros de texto.

  - Para as axudas de adquisición de libros de texto:

  •  Alumnado matriculado en 1º, 2º de educación primaria e en educación especial; así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional 1º (discapacidade maior ou igual 65%) e na disposición adicional 2º (necesidades específicas de apoio educativo – NEAE).

     

     -  Para as axudas de adquisición de material escolar:

  • Todo o alumnado de educación primaria.

 

FORMA DE PRESENTACIÓN:

 

O formulario que deben de cubrir son os ANEXOS I (solicitude) e II (autorización dos membros da unidade familiar agás o solicitante), que encontrarán premen neste enlace:

 ANEXO I E ANEXO II

Ou a través da aplicación:

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Estes documentos é preciso que vaian acompañados da seguinte documentación complementaria:

  • Copia do libro de familia na que figuren todos os membros da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a setenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  • Certificado, no caso de discapacidade, dalgún membro da unidade familiar incluídos na solicitude.

 

 Unha vez cubertos os anexos, poden presentalos a través de:

 

   

  •  Sede electrónica da Xunta:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2021&numpub=1&lang=gl

 

IMPORTANTE:

 - Os documentos ANEXO I e ANEXO II é importante que estean correctamente asinados.

 - No caso concreto do ANEXO II, é importante ter en conta:

 - Que se refire ao exercicio fiscal 2019. Así como tamén, que se refire a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2019, agás o relativo á violencia de xénero que se aplicará o disposto na lexislación específica.

 - No caso de que se opoñan á consulta, deberán acompañar o ANEXO con:

 

  • DNI ou libro de familia
  •   Certificado do grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia.
  •  Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez.
  •   Para a declaración do imposto sobre as persas físicas ou, en falta deste. O certificado de atribución de imputacións do exercicio 2019.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN:

 Dende o día 21 de maio ata o 22 de xuño de 2021 (ambos inclusive)

 -------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 OUTROS PRAZOS:

 DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO NOS CURSOS DE 3º E 4º DO PRESENTE CURSO ESCOLAR:

  •  A data límite é: 22/06/2021

 PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS:

  •  Antes do 9/07/2021
  •  A reclamación ás listaxes provisionais poderase realizar 2 días seguintes á publicación.

  PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS:

  •    Antes do 20/07/2021

  ENTREGA DOS LIBROS DO CURSO 2021/2022 AO ALUMNADO DE 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

  •  A partir do 1 de setembro de 2021. Comunicarase a través da páxina web do centro e vía abalarmóbil.

 USO DO VALES NAS LIBRERÍAS E DEMAIS ESTABLECEMENTOS

  •  Ata o 8/04/2022

 ----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

INFORMACIÓN SOBRE RENDA PER CÁPITA PARA CUMPRIMENTAR AS SOLICITUDES

  

 

RENDA PER CÁPITA FAMILIAR

CALQUERA RENDA PER CÁPITA

 

 

≤6.000€

 

> 6.000 e

≤ 10.000€

 

6.000€

 

 

 

Discapacidade 65%

 

Educación especial

 

 

 

LIBROS DE TEXTO

MATERIAL

LIBROS DE TEXTO

MATERIAL

LIBROS

MATERIAL

1º e 2º EP

210€

140€

 

50€

275€

 

50€

 

275€

 

50€

3º E 4º EP

Fondo: 6 libros

Fondo: 4 libros

Fondo: 6 libros ou 275€

ALUMNADO NEAE

210€

140€

 

 Calculo da renda per cápita da unidade familiar:

 

-Renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2019 dividido entre o número de membros computables.

 - Computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual o superior ao 33%.

 - A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza. Deben de sumar os recadro  435 (base impoñible xeral) e o recadro 460 (base impoñible do aforo).

 - Cando non se presente o exercicio fiscal terase en conta os datos do certificado de imputacións da renda, pola Axencia Estatal da Administración Tributaria.

 

Contan como membros computables da unidade familiar:

 

- Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.

 - Os/as fillos/as menores de idade agás os emancipados.

 - Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.

 - A persoa proxenitora separada legalmente ou divorciada cando haxa custodia compartida.

 - A persoa que, por novo matrimonio ou por convivencia en situación de unión de feito ou análoga, viva no domicilio familiar coa persoa proxenitora do alumnado.

 

 A directora, Paula Díaz Gato.

Xornada de xogos populares

 Como xa adiantaba o noso Golfi no blog da biblio; este ano a protagonista do día das Letras Galegas foi Xela Arias. 

Imáxe: https://primaveradasletras.gal

    Golfi e Xela 

Os nosos peques celebraron o día cunha divertida xornada de xogos populares. 

 

As familias guiaron ao alumnado cun gran traballo de investigación sobre xogos populares. Aquí unha mostra da exposición realizada coas aportacións das entrevistas "aos nosos maiores".

 

 

Grazas pola colaboración, familias! 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut