Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021/22

 

Segundo a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas a alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/2022.

Poden consultar a Orde premen no seguinte enlace:

 

DESTINATARIOS:

 

  - Para o fondo solidario de libros de texto:

  • Alumnado matriculado en 3º, 4º de educación primaria.  

    O alumnado matriculado en centros incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL), como é o caso do noso centro nos cursos de 5º e 6º de educación primaria, está excluído da participación do fondo solidario dos libros de texto.

  - Para as axudas de adquisición de libros de texto:

  •  Alumnado matriculado en 1º, 2º de educación primaria e en educación especial; así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional 1º (discapacidade maior ou igual 65%) e na disposición adicional 2º (necesidades específicas de apoio educativo – NEAE).

     

     -  Para as axudas de adquisición de material escolar:

  • Todo o alumnado de educación primaria.

 

FORMA DE PRESENTACIÓN:

 

O formulario que deben de cubrir son os ANEXOS I (solicitude) e II (autorización dos membros da unidade familiar agás o solicitante), que encontrarán premen neste enlace:

 ANEXO I E ANEXO II

Ou a través da aplicación:

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Estes documentos é preciso que vaian acompañados da seguinte documentación complementaria:

  • Copia do libro de familia na que figuren todos os membros da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a setenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  • Certificado, no caso de discapacidade, dalgún membro da unidade familiar incluídos na solicitude.

 

 Unha vez cubertos os anexos, poden presentalos a través de:

 

   

  •  Sede electrónica da Xunta:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2021&numpub=1&lang=gl

 

IMPORTANTE:

 - Os documentos ANEXO I e ANEXO II é importante que estean correctamente asinados.

 - No caso concreto do ANEXO II, é importante ter en conta:

 - Que se refire ao exercicio fiscal 2019. Así como tamén, que se refire a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2019, agás o relativo á violencia de xénero que se aplicará o disposto na lexislación específica.

 - No caso de que se opoñan á consulta, deberán acompañar o ANEXO con:

 

  • DNI ou libro de familia
  •   Certificado do grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia.
  •  Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez.
  •   Para a declaración do imposto sobre as persas físicas ou, en falta deste. O certificado de atribución de imputacións do exercicio 2019.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN:

 Dende o día 21 de maio ata o 22 de xuño de 2021 (ambos inclusive)

 -------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 OUTROS PRAZOS:

 DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO NOS CURSOS DE 3º E 4º DO PRESENTE CURSO ESCOLAR:

  •  A data límite é: 22/06/2021

 PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS:

  •  Antes do 9/07/2021
  •  A reclamación ás listaxes provisionais poderase realizar 2 días seguintes á publicación.

  PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS:

  •    Antes do 20/07/2021

  ENTREGA DOS LIBROS DO CURSO 2021/2022 AO ALUMNADO DE 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

  •  A partir do 1 de setembro de 2021. Comunicarase a través da páxina web do centro e vía abalarmóbil.

 USO DO VALES NAS LIBRERÍAS E DEMAIS ESTABLECEMENTOS

  •  Ata o 8/04/2022

 ----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

INFORMACIÓN SOBRE RENDA PER CÁPITA PARA CUMPRIMENTAR AS SOLICITUDES

  

 

RENDA PER CÁPITA FAMILIAR

CALQUERA RENDA PER CÁPITA

 

 

≤6.000€

 

> 6.000 e

≤ 10.000€

 

6.000€

 

 

 

Discapacidade 65%

 

Educación especial

 

 

 

LIBROS DE TEXTO

MATERIAL

LIBROS DE TEXTO

MATERIAL

LIBROS

MATERIAL

1º e 2º EP

210€

140€

 

50€

275€

 

50€

 

275€

 

50€

3º E 4º EP

Fondo: 6 libros

Fondo: 4 libros

Fondo: 6 libros ou 275€

ALUMNADO NEAE

210€

140€

 

 Calculo da renda per cápita da unidade familiar:

 

-Renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2019 dividido entre o número de membros computables.

 - Computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual o superior ao 33%.

 - A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza. Deben de sumar os recadro  435 (base impoñible xeral) e o recadro 460 (base impoñible do aforo).

 - Cando non se presente o exercicio fiscal terase en conta os datos do certificado de imputacións da renda, pola Axencia Estatal da Administración Tributaria.

 

Contan como membros computables da unidade familiar:

 

- Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.

 - Os/as fillos/as menores de idade agás os emancipados.

 - Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.

 - A persoa proxenitora separada legalmente ou divorciada cando haxa custodia compartida.

 - A persoa que, por novo matrimonio ou por convivencia en situación de unión de feito ou análoga, viva no domicilio familiar coa persoa proxenitora do alumnado.

 

 A directora, Paula Díaz Gato.



page | by Dr. Radut