Skip to Content

PROXECTO ENTRE PATIOS

Sumamos unha nova fase ao noso Proxecto de dinamización e humanización do patio, a zona Pícnic.
 
Nace grazas a participación do noso centro no proxecto Entre Patios, da Fundación Erguete -Integración. Esta iniciativa sae adiante pola colaboración co Departamento de Madeira do IES Rosalía Mera, quen a través dos seus deseños e axuda no montaxe, un grupo de persoas privadas de liberdade pode crear elementos de patio en madeira  (mesas e murais) que serven para humanizar os patios de moitos centros educativos, no que se foron engadindo máis colaboradores como o CEE Aspronaga, axudando a reforzar a parte de convivencia e inclusión nos espazos comúns. 
 
Aquí vos deixamos un pequeno resumo do proxecto Entre Patios:
 
 
E aquí podedes ver como foi a montaxe da nosa zona de Pícnic:
 
 
Grazas a todas as persoas involucradas neste fermoso proxecto entre patios!
 
 


page | by Dr. Radut