Seguindo a Orde do 12 de maio de 2020, pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas par adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obligatoria e educación especial de centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21, informamos das datas de listaxes de fondo de libros e entrega de vales para libros de texto e de material.
Publicación de listaxe provisional fondo de libros |
Data: 8 de xullo. Lugar: publicado no tabolero interior do centro |
Reclamación ás listaxes provisionais |
Data: 9 e 10 de xullo. Lugar: na secretaría do centro en horario 9.30-13.30 horas. |
Publicación das listaxes definitivas do fondo de libros |
Data: Antes do 20 de xullo Lugar: publicarase no taboleiro interior do centro. |
Entrega de vales para libros de texto e vales de material |
Data: 13 e 14 de xullo. Lugar: na secretaría do centro en horario de 9.30 a 13.30 horas. |
Vales non recollidos no mes de xullo |
Data:2 de setembro. Lugar: na secretaría do centro en horario de 10.00 a 13.00 horas. |
Entrega dos libros de texto do fondo de libros (3º y 4º de E.P) |
Data: 4 de setembro Lugar: na secretaría do centro en horario de 11.00 a 13.00 horas. |
As persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/), empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre.
IMPORTANTE: PARA A RECOLLIDA DOS VALES DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL É PRECISO QUE VEÑA A RECOLLELOS A PERSOA SOLICITANTE PRESENTADO DNI. DE NON SER POSIBLE, A PERSOA QUE VEÑA RECOLLELOS TERÁ QUE TRAER UNHA AUTORIZACIÓN POR ESCRITO CON FOTOCOPIA DO DNI TANTO DA PERSOA SOLICITANTE COMO DA PERSOA QUE VEN A RECOLLELOS.