Skip to Content

CURSO 2020-2021

Prezadas familias:

O novo curso escolar 2020/2021 está a piques de comezar. Sabemos que será un curso diferente, atípico, e somos coñecedoras das vosas preocupacións. É por elo, polo que queremos enviarvos dende aquí unha mensaxe de apoio e tranquilidade. 

Durante o verán traballamos na implementación de todas aquelas medidas tanto organizativas, como pedagóxicas, como preventivas coas que funcionará o noso centro a partires do inicio do presente curso escolar. Realizaremos un rigoroso cumprimento das medidas do protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19, elaborado pola Consellería de Educación. O noso obxectivo principal é que o curso escolar se desenvolva con todas as garantías.  

Ao longo da presente semana publicarase na páxina web do centro o plan de adaptación á situación Covid-19 provisional, que non será definitivo ata contar coas aportacións tanto do Claustro de Mestres como do Consello Escolar. 

Seguindo o Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/2021, as clases darán comezo para todos os niveis educativos o día 10 de setembro. 

Agradecemos que descarguedes a App de Abalar Móbil, xa que, será este o servizo de mensaxeria da Consellería polo que vos enviaremos información a todas as familias con respecto á publicación de novas na páxina web, reunións coas familias, período de adaptación, etc. 

Tan só nos queda agradecer de antemán a confianza que como sempre, mostrades en todo o persoal do centro, e pedirvos unha vez máis, a máxima colaboración para que sexamos entre todos e como equipo, capaces de cumprir as novas normas coas que comezará a súa andanza no curso 2020/2021 o noso centro. 

Un saúdo. 

O equipo directivo. 

 



page | by Dr. Radut