Localización |
O Colexio de Educación Infantil e Primaria de Xuño (CEIP Xuño) está na parroquia de Xuño, atravesada pola estrada C-550, de Noia a Ribeira, a nove quilómetros de Ribeira e dez de Porto do Son e collendo cara a praia de As Furnas. O medio rural e físico no que está situado o noso centro, favorece o desenvolvemento de actividades de observación e traballo práctico cos alumnos, permitindo aproveitar o valor didáctico que teñen as praias, cantís, lagoas (como a de Xuño e a de San Pedro de Muro, que forman parte da Rede Natura 2000 e do Complexo dunar de Corrubedo), montes, ríos (río Sieira), restos históricos e prehistóricos (Castro de Baroña, petroglifos, etc.)
XEOLOCALIZACIÓN [Graos decimais WGS84 (GPS)] Estas coordenadas son referidas á zona 29: x 42.638462 y -9.032998
Máis información neste enlace á Wikipedia (Galipedia): https://gl.wikipedia.org/wiki/Xuño,_Porto_do_Son |
|||