Saídas

SAÍDA DIDÁCTICA: TEATRO PRINCIPAL · O NENO GROBA

O martes 30 de xaneiro, o alumnado de 5º e 6º EP realizamos unha saída didáctica a Santiago de Compostela para asistir á representación teatral de O Neno Groba e a Música no Teatro Principal.

Clica na foto para acceder ao álbum de imaxes da actividade

SAÍDA DIDÁCTICA: MUSEOS E CATEDRAL DE SANTIAGO

O martes 12 de decembro, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realiza unha saída didáctica a Santiago de Compostela para realizar diversas actividades no Museo do Pobo Galego, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e a subida aos tellados da catedral.

Clica na foto para acceder ao Álbum de imaxes da actividade

SAÍDA DIDÁCTICA: AUDITORIO DE GALICIA

O mércores 18 de xaneiro, o alumnado de 5º e 6º EP visitamos o Auditorio de Galicia para asistir ao concerto didáctico Sinfonía Romaría da Banda Municipal de Santiago de Compostela, sobre temas do acervo tradicional e folclórico de Galicia.

Clica na foto para acceder ao Álbum de Imaxes da saída.

 

Distribuir contido