Contratos Programa

PLAN DIRECTOR: CHARLA SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO

O luns 27 de novembro, o alumnado de 5º e 6º de educación primaria asiste á charla sobre violencia de xénero impartida pola Garda Civil dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e a súa contorna. 

Clica na foto para acceder ao álbum de imaxes da actividade

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN: ANXO FARIÑA · A CIDADE VIOLETA

O venres 24 de novembro, o alumnado de educación primaria realiza un obradoiro de debuxo e ilustración impartido polo escritor e ilustrador Anxo Fariña. Baixo o título A Cidade Violeta, esta actividade está enmarcada dentro dos actos de celebración do 25N Día contra a violencia de xénero 2023.

Clica na foto para acceder ao álbum de imaxes da actividade

ESCAPE ROOM

O martes 21 de novembro, o alumnado de Educación Primaria participa na actividade Escape-Room, impartida por Lucus Escape Room e organizada polo Concello de Porto do Son dentro do Programa das actividades de Igualdade e contra a violencia de xénero.

Clica na foto para acceder ao álbum de imaxes da actividade

OBRADOIRO DE SAÚDE DENTAL

O xoves 16 de novembro, o alumnado de educación infantil e primaria recibimos a visita da odontóloga Nati Mirás que nos falou da importancia de termos os dentes limpos e sans.

Grazas Nati

Clica na foto para acceder ao álbum de imaxes da actividade 

Distribuir contido