Edudixital

     

      Espazo abalar                                   

         Portal educativo                                      

CEIP WFF

 

Rúa Wenceslao Fernández Flórez, 16, 15660 Cambre.

 ceip.wenceslao@edu.xunta.gal

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Información Openscience 2020

Achegamos a información do Open Science de Cambre que se celebrará no CEIP Wenceslao FErnández Flórez. Lembramos a importancia de cumprir as medidas de seguridade e hixiene.Máis información en http://www.citizenscienceclub.com/opensciencecambre-osc/

 

Alumnado admitido no servizo de biblioteca / Listaxe definitivo de comedor

AS LISTAS DE COMEDOR E DE BIBLIOTECA DEFINITIVAS PODEN CONSULTARSE NA SECRERARÍA DO CENTRO.

O turno de comedor dos alumnos de 5º e 6º neste curso escolar será de 14:10h a 14:40h. Poderán saír a esa hora inmediatamente despois do alumnado que vai para casa cubrindo unha autorización.

Autorización para saír ás 14:40 só.    Autorización para saír ás 14:40h acompañado dun adulto.

O servizo de biblioteca será no horario de 16:00-17:15h. De non facer uso dalgunha das prazas, as prazas pasarán a sortearse entre os alumnos/as que quedaron excluidos. En caso de renuncia, deberán presentala na secretaría do centro.

Recordamos que o servizo de biblioteca está limitado ao 50% do aforo.

ESTE SERVIZO DE BIBLIOTECA COMEZA O DÍA 21 DE SETEMBRO XUNTO AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DE LUDOTECA ORGANIZADAS POLA ANPA, SEN SERVIZO DE BUS ATA NOVO AVISO.

Máis información en https://www.anpa-fendetestas.es/

RECORDEN: Respectar as medidas do protocolo do centro cando teñan que facer algunha xestión (só pode entrar unha persoa). Poden consultar nesta páxina web toda a información actualizada.

 

 

Calendario de reunións curso 2020/21

 

REUNIÓNS PRINCIPIO DE CURSO

ACTUALIZADAS AS DE 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

RECORDADE QUE SÓ PODE VIR UNHA PERSOA; NON SE PODE TRAER AOS RAPACES/AS

 

 

INFORMACIÓN SOBRE A SITUACIÓN COVID-19 E A VOLTA ÁS AULAS

Estimadas familias. No CEIP Wenceslao Fernández Flórez, estamos a traballar para que a volta as aulas dos vosos fillos/as sexa o máis segura posible; para isto na nosa páxina web habilitamos un menú con toda a información sobre o COVID-19. Aquí poderedes atopar todos os documentos que establecerán a organización e funcionamento do centro nesta situación e as novas e información importante nesta volta ás aulas.

Nestes primeiros días de setembro estableceranse directrices sobre reunións, horarios, materiais e outras informacións de interese. Pregamos as familias que lean os documentos e agradecemos a súa colaboración nesta situación especial.

Menú Plan COVID-19

REGRESAMOS O XOVES 10 E O VENRES 11 DE SETEMBRO

Estimadas familias.

Xa está elaborado o borrador do Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 para o noso centro.

Na vindeira semana será revisado polos membros do Claustro e do Consello Escolar.

O protocolo definitivo expoñerémolo nesta web na 1ª semana de setembro para compartilo con toda a Comunidade Educativa.

Regresamos as aulas o xoves 10 e o venres 11 de setembro. Información da Consellería 31/8/20

Daremos a coñecer as instrucións para o inicio do curso.

IMPORTANTE:

a) O aforo da actividade da Biblioteca das tardes quedará reducido ao 50% como indica a normativa publicada no protocolo da Consellería de Educación. Serán comunicados os admitidos/as.

b) Recoméndase as familias dos alumnos/as que teñen adxudicada unha praza no comedor escolar que fagan uso dela nos casos estrictamente necesarios. Impreso de renuncia (pode enviarase a través do correo electrónico ou deixarase no buzón do colexio) Este impreso implica a renuncia para todo o curso escolar 2020/21.  Non se pode facer uso do comedor en días alternos.

Un saúdo.

O Equipo Directivo.

LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS NO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2020/21

Están dispoñibles no centro educativo as listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido no comedor escolar para o próximo curso.

En caso de que faltase algunha documentación (está indicado nas listaxes) poderá aportala ata o luns 20 ou na primeira semana de setembro.

O prazo de reclamación ás listaxes provisionais será do 1 ao 7 de setembro.

As listaxes poderán sufrir variacións tanto por novas matrículas con dereito coma polas medidas de protección e seguridade impulsadas pola administración educativa.

Unha vez que saian as listaxes definitivas entregarase na administración do centro o modelo de autodeclaración (renta 2019) ata o 14 de setembro. Pode descargarse....... aquí ou pedilo no colexio.

Esta aberto o prazo de admisión de membros da comunidade educativa como colaboradores/as voluntarios/as nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor ata o 21 de setembro de 2020.

VALES MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO

Xa están dispoñibles na secretaría do centro os vales de material e de libros de texto correspondentes ao curso escolar 2020/21. Poderán recollelos na secretaría do centro en horario de 9:30 a 14:30. Lembrámoslles que só pode recollelos a persoa solicitante ou algún maior de idade autorizado previa presentación da copia do DNI da persoa solicitante e ensinando o seu DNI.

A entrega farase por quendas según o cadro indicado (se son dous irmáns pderán elixir a quenda que prefiran).

Se teñen algunha dúbida oderán chamar ao teléfono do colexio: 881 880 320.

 



QUENDAS RECOLLIDA VALES LIBROS/MATERIAL

 


LUNS


MARTES


MÉRCORES


XOVES


VENRES


13 XULLO

PRIMEIRO


14 XULLO

SEGUNDO


15 XULLO

TERCEIRO


16 XULLO

CUARTO


17 XULLO

QUINTO E SEXTO

SERVIZO DE COMEDOR E TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2020-2021

A partir do próximo luns 22 de xuño poderá solicitarse o servizo de comedor e transporte para o próximo curso.  Descargaranse as solicitudes dende a páxina web, no apartado SECRETARÍA-SERVIZOS COMPLEMENTARIOS e terán que entregarse no centro escolar con toda a documentación que deben aportar según a situación de cada familia. Farase por quendas según o cadro indicado, (se son dous irmáns poderán elexir a quenda que prefiran)

Os impresos tamén se poden recoller no centro educativo dende o venres 19 de xuño.

Só debe asistir unha persoa na recollida ou na entrega da documentación.

En casos xustificados poderá deixarse a documentación requerida nun sobre no buzón exterior do centro.

INSTRUCIÓNS...preme aquí

 

QUENDAS   COMEDOR/TRANSPORTE

(só para alumnos que xa están no centro)

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

22 xuño

INFANTIL

23 xuño

INFANTIL

24 xuño

FESTIVO

25 xuño

PRIMEIRO

26 xuño

PRIMEIRO

 

29 xuño

SEGUNDO

30 xuño

SEGUNDO

1 xullo

TERCEIRO

2 xullo

TERCEIRO

3 xullo

CUARTO

 

6 xullo

CUARTO

7 xullo

QUINTO

8 xullo

QUINTO

9 xullo

SEXTO

10 xullo

SEXTO

 

Matrícula

Novo alumnado: 1 ao 10 de xullo

(poderá solicitar os servizos neste prazo)

 

Se ten dúbidas:

881 880 320

ceip.wenceslao@edu.xunta.gal

Colaborando coa Cociña Económica da Coruña

O venres 12 de xuño o noso cociñeiro Martín co seu equipo, Pilar e Mónica, encenderon de novo os fogóns do noso centro para colaborar coa Cociña Económica, institución benéfica coruñesa, situada na rúa Socorro. Prepararon arredor de 1.100 racións de lentellas, callos, albóndegas, fabada e arroz con polo. Un dos responsables, Luis, recolleu os suculentos pratos tradicionais que este curso non puideron saborear os nosos alumnos xa que se estragarían antes do comezo do curso en setembro.

Damos as grazas pola cooperación do noso equipo na preparación dos pratos, desexamos que lles gusten moito e podamos colaborar en máis ocacións. Quedamos convidados a visitar as dependencias cos alumn@s no vindeiro curso.

 

 

 

 

 

    

 

 

 

Autorizacións e solicitudes para o próximo curso

Na columna da esquerda no apartado O CENTRO están colgadas as autorizacións e solicitudes que deben cubrir para o próximo curso escolar 2020/21:

  • Sección bilingüe (para 1º de Primaria, 2º de Primaria e 5º de Primaria)
  • Autorización de recollida do alumnado por persoas diferentes aos pais/nais no centro ou na parada do bus.
  • Autorización do alumnado de 5º e 6º para ir sós a casa.
  • Solicitude de Biblioteca de luns a xoves de 16h a 17.:15h
  • Cambio de valores/relixión ou relixión/valores.                                                                                                          

Poderán envialas por correo eletrónico, deixalas no buzón exterior ou acercalas á administración ata o venres 19 de xuño.

As autorizacións e solicitudes enviadas a través do correo electrónico serán recepcionadas e contestadas conforme se recibiron.

Distribuir contido