Edudixital

     

      Espazo abalar                                   

         Portal educativo                                      

CEIP WFF

 

Rúa Wenceslao Fernández Flórez, 16, 15660 Cambre.

 ceip.wenceslao@edu.xunta.gal

Punto Laranxa contra o acoso escolar

REGRESAMOS O XOVES 10 E O VENRES 11 DE SETEMBRO

Estimadas familias.

Xa está elaborado o borrador do Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 para o noso centro.

Na vindeira semana será revisado polos membros do Claustro e do Consello Escolar.

O protocolo definitivo expoñerémolo nesta web na 1ª semana de setembro para compartilo con toda a Comunidade Educativa.

Regresamos as aulas o xoves 10 e o venres 11 de setembro. Información da Consellería 31/8/20

Daremos a coñecer as instrucións para o inicio do curso.

IMPORTANTE:

a) O aforo da actividade da Biblioteca das tardes quedará reducido ao 50% como indica a normativa publicada no protocolo da Consellería de Educación. Serán comunicados os admitidos/as.

b) Recoméndase as familias dos alumnos/as que teñen adxudicada unha praza no comedor escolar que fagan uso dela nos casos estrictamente necesarios. Impreso de renuncia (pode enviarase a través do correo electrónico ou deixarase no buzón do colexio) Este impreso implica a renuncia para todo o curso escolar 2020/21.  Non se pode facer uso do comedor en días alternos.

Un saúdo.

O Equipo Directivo.