Edudixital

     

      Espazo abalar                                   

         Portal educativo                                      

CEIP WFF

 

Rúa Wenceslao Fernández Flórez, 16, 15660 Cambre.

 ceip.wenceslao@edu.xunta.gal

Punto Laranxa contra o acoso escolar

CONVOCATORIA DE BECAS PARA O ALUMNADO CON N.E.A.E CURSO 2024/2025

APERTURA DO PRAZO PARA A SOLICITUDE DE BECAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

CURSO 2024/2025

O prazo para presentar as solicitudes será  desde o 30/04/24 ata o 13/09/24

As solicitudes tanto de axudas como de subsidios, deberan cumprimerntarse mediante o formulario accesible na dirección:

https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2024-14197

ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación na dirección:

https://sede.educacion.gob.es

ADMISIÓN CURSO 2024-2025

impreso de solicitude de admisión ordinaria en centro docente sostido con fondos públicos (código de procedemento ED550B) pode:

a) recollelo no centro escolar.

b) cumplimento en liña no seguinte enderezo: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ imprimilo e entregalo no centro escolar.

c) descargalo dende a páxina web do colexio e entregalo no centro escolar.

d) presentalo por Sede Electrónica con certificado dixital ou Chave 365.

Xunto coa SOLICITUDE DE ADMISIÓN deben achegar:

1. Padrón.

2. Libro de familia.

3. Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, de darse o caso.

4. Certificado de matrícula (se o alumnado procede doutro centro educativo).

CALENDARIO DE PRAZOS E DOCUMENTACIÓN NECESARIA (prema aquí)

ENTROIDO 2024

QUENTANDO MOTORES PARA O NOSO ENTROIDO!!!

A semana do 5 ao 8 de febreiro teremos os mandadiños do Meco no colexio.

Pinchade no enlace para non perdervos nada!!!

MANDADIÑOS DO MECO ENTROIDO_24

INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO ADSCRITO PARA O CURSO 24/25

O prazo de presentación de solicitudes será desde O 15 DE XANEIRO ATA O 5 DE FEBREIRO DE 2024.

 

O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación "admisionalumnado" na dirección web que se enlaza a continuación, http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado o formulario normalizado ED550A que se publica como Anexo I da Orde do 21 de outubro de 2022.

 

Enlace ao formulario normalizado premendo ED550A

 

Información sobre a reserva de prazas ás familias aquí

 

O formulario normalizado será facilitado gratuitamente no centro educativo e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación "admisionalumnado", e na páxina web da consellería de educación.

A DOCUMENTACIÓN ENTREGARASE NA TITORÍA ÁS RESPECTIVAS TITORAS NO PRAZO INDICADO (15 de xaneiro ao 5 de febreiro).

O ALUMNADO DE 6º CURSO QUE NON FAGA A RESERVA DE PRAZA NO IES "AFONSO X O SABIO" NO PRAZO ESTABLECIDO, DEBERA PARTICIPAR NO PROCESO XERAL DE ADMISIÓN COMO SE FOSE ALUMNADO NOVO, DEBENDO PRESENTAR CUMPRIMENTADO NO INSTITUTO QUE DESEXEN, DO 1 AO 20 DE MARZO DE 2024 O ANEXO II DA ORDE DO 21 DE OUTUBRO DE 2022.

 

 

PRESENTACIÓN COORDINADORA DE BENESTAR

A coordinadora de Benestar do noso centro, presentase á comunidade educativa do Wenceslao Fernández Flórez

por medio da carta que deixamos no seguinte enlace, clicade enriba para acceder á carta:

carta de presentación coordinadora benestar

 

 

COMIDA SAÚDABLE NO WENCESLAO!!!!

NO COMEDOR ESCOLAR DO COLE TEMOS UN PROXECTO DE COCIÑA SAÚDABLE CON PESCADOS LOUREDA NOSO PROVEEDOR DE CONFIANZA!!!

deixámosvos esta información para que lle botedes unha ollada

ESTAMOS DE VOLTA!!!

 

INICIO DE CURSO 2023/2024

O novo curso 23/24 dará comezo o día 11 de setembro

Circular de comezo de curso.

QUENTANDO MOTORES!!!!

 COMEZA A CONTA ATRÁS PARA O NOVO CURSO 23/24!!!

AVISOS IMPORTANTES


PRECISAMOS QUE ANTES DO DÍA 11 DE SETEMBRO REMITADES AO CENTRO POR CORREO ELECTRÓNICO OU A TRAVÉS DA CAIXA DO CORREO:

  • AS AUTORIZACIÓNS PARA RECOLLER AO ALUMNADO NO CENTRO OU NA PARADA DO AUTOBÚS PERSOAS DISTINTAS AOS PROXENITORES OU TITORES LEGAIS.

PREMEDE AQUÍ PARA DESCARGALA E CUBRILA

  • AS AUTORIZACIÓNS PARA QUE O ALUMNADO DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA POIDAN IR SÓS PARA A CASA.

PREMEDE AQUÍ PARA DESCARGALA E CUBRILA

WENCESLAO NAS ONDAS!!!

A radio do WENCESLAO comezou a súa andaina!!!

Deixamos aquí o enlace á canle da nosa radio escolar: https://go.ivoox.com/sq/2037854

Xa están colgadas as tres primeiras entrevistas dos nos@s xornalistas

Lembrade subscribiros e darlle moito amor.

Que gocedes dos contidos!!!!

Distribuir contido