Edudixital

     

      Espazo abalar                                   

         Portal educativo                                      

CEIP WFF

 

Rúa Wenceslao Fernández Flórez, 16, 15660 Cambre.

 ceip.wenceslao@edu.xunta.gal

Punto Laranxa contra o acoso escolar

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS CURSO 2020/21

Esperando instrucións da Consellería para abrir os próximos prazos dos servizos de comedor/transporte recórdase ás familias que deben estar ao corrente do pago do recibo do comedor do mes de marzo para poder solicitalo.

En canto se abra o prazo indicaremos como tramitar a documentación para evitar aglomeracións.

 

DOCUMENTACIÓN REQUERIDA PARA O SERVIZO DE COMEDOR SEGÚN CADA CASO

                       

                                                                                                                                                              

 

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE 3º TRIMESTRE DO CURSO

A Consellería de Educación publicou na súa páxina web as Orientacións provisionais para o desenvolvemneto do 3º trimestre  preme aquí.

 

  • A ampliación do estado de alarma significa que, polo menos, ata o 9 de maio seguirá sen haber clase.

  • O profesorado continuará enviando e planificando tarefas para o alumnado a ser posible a través da aula virtual que atopades na parte superior desta páxina.

  • Este curso NON se realizará a proba de avaliación diagnóstica en 3º EP nin en 6º EP.                                                            

    Correo do centro: ceip.wenceslao@edu.xunta.es

Para finalizar, queremos agradecer ao alumnado, familias, profesorado a colaboración e o esforzo común para manter a actividade lectiva neste escenario excepcional, do que desexamos tod@s saír canto antes. Moito ánimo!

 

Visita virtual WFF

Por mor da Covid-19, non se poderá realizar a xornada de portas abertas para as familias do alumnado novo que solicita praza para o vindeiro curso escolar.

Poderedes acceder a unha visita virtual polo noso centro.

Esperamos que deste xeito poidades coñecernos un pouco mellor.

 

Horario do centro

 

HORA

 

ACTIVIDADES LECTIVAS/ COMEDOR/ EXTRAESCOLARES

09:15

 

 

 

ACTIVIDADES LECTIVAS

 

Apertura de portas de entrada ao recinto para o alumnado de infantil e alumnado de primaria. Poderá entrar un só acompañante co alumnado de 4º de Infantil e co alumnado NEAE. 09:20 Chegada alumnado bus.

09:30

Sinal música comezo da 1ª sesión lectiva. Péchanse as portas.

10:20

2ª sesión lectiva.

11:10

3ª sesión lectiva.

12:00

1ª quenda de recreo. Hora de ler para os da 2ª quenda.

12:25

Entrada ás aulas da 1ª quenda. Hora de ler. 4ª sesión lectiva

12:30

2ª quenda de recreo

12:55

Entrada ás aulas da 2ª quenda. 4ª sesión lectiva

13:40

5ª sesión lectiva.

14:00

Recollida nas aulas do alumnado de comedor 1ª quenda: 5º e 6º por persoal colaborador.

14:15

Recollida nas aulas do alumnado de comedor de educación infantil por persoal colaborador.

14:25

Saída casa alumnado educación infantil. Recollida do alumnado de 1º e de 2º de comedor.

14:30

Saída alumnado primaria casa. Saída ao patio alumnado do comedor 1ª quenda: 5º e 6º.

14:35

COMEDOR

 

Saída ao patio alumnado comedor primaria 2ª quenda: 3º e 4º Primaria

14:50

Entrada comedor alumnado primaria 2ª quenda: 3º e 4º Primaria

15:25

Saída comedor bus.

15:30

Saída comedor casa. Recreo comedor actividades extraescolares.

15:40

Peche portas.

15:55

Apertura portas entrada alumnado actividades extraescolares.

16:00

TARDES

 

Actividades extraescolares 1 (luns a xoves) / Atención a pais, nais polo profesorado titor os luns .

17:15

Saída actividades extraescolares 1/ Actividades extraescolares 2.

18:30

Saída actividades extraescolares 2.

 

PAGO DO RECIBO DO COMEDOR DO MES DE MARZO

A TRAVÉS DO ESPAZO ABALAR

Obtención do recibo do comedor e pago telemático    AQUÍ

Acceso ao Espazo Abalar con DNI electrónico     AQUÍ

Acceso ao Espazo Abalar con Certificado Dixital     AQUÍ

Guía para as familias      AQUÍ

 

O pago do servizo poderá realizarse telematicamente a través do Espazo Abalar con DNI electrónico, Certificado Dixital ou Chave 365. 

Se desexa que se lle envíe o recibo a través do correo electrónico deberá solicitalo neste correo: ceip.wenceslao@edu.xunta.es

COMUNICADO DA CONSELLERÍA SOBRE AS AXUDAS DO COMEDOR   AQUÍ

Distribuir contido