Edudixital

     

      Espazo abalar                                   

         Portal educativo                                      

CEIP WFF

 

Rúa Wenceslao Fernández Flórez, 16, 15660 Cambre.

 ceip.wenceslao@edu.xunta.gal

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Colaborando coa Cociña Económica da Coruña

O venres 12 de xuño o noso cociñeiro Martín co seu equipo, Pilar e Mónica, encenderon de novo os fogóns do noso centro para colaborar coa Cociña Económica, institución benéfica coruñesa, situada na rúa Socorro. Prepararon arredor de 1.100 racións de lentellas, callos, albóndegas, fabada e arroz con polo. Un dos responsables, Luis, recolleu os suculentos pratos tradicionais que este curso non puideron saborear os nosos alumnos xa que se estragarían antes do comezo do curso en setembro.

Damos as grazas pola cooperación do noso equipo na preparación dos pratos, desexamos que lles gusten moito e podamos colaborar en máis ocacións. Quedamos convidados a visitar as dependencias cos alumn@s no vindeiro curso.