Autorizacións e solicitudes para o próximo curso
Na columna da esquerda no apartado O CENTRO están colgadas as autorizacións e solicitudes que deben cubrir para o próximo curso escolar 2020/21:
- Sección bilingüe (para 1º de Primaria, 2º de Primaria e 5º de Primaria)
- Autorización de recollida do alumnado por persoas diferentes aos pais/nais no centro ou na parada do bus.
- Autorización do alumnado de 5º e 6º para ir sós a casa.
- Solicitude de Biblioteca de luns a xoves de 16h a 17.:15h
- Cambio de valores/relixión ou relixión/valores.
Poderán envialas por correo eletrónico, deixalas no buzón exterior ou acercalas á administración ata o venres 19 de xuño.
As autorizacións e solicitudes enviadas a través do correo electrónico serán recepcionadas e contestadas conforme se recibiron.