Edudixital

     

      Espazo abalar                                   

         Portal educativo                                      

CEIP WFF

 

Rúa Wenceslao Fernández Flórez, 16, 15660 Cambre.

 ceip.wenceslao@edu.xunta.gal

Punto Laranxa contra o acoso escolar

CARREIRA SOLIDARIA 2023

O día 27 de xaneiro, con motivo do "Día da Paz", celebramos a Carreira Solidaria KILOS DE PAZ. 

A participación foi un éxito: todo alumnado do centro e un número importante de nais e pais

(e algunha avoa) cooperaron na iniciativa promovida polo Equipo de Actividades Complementarias,

aportando o seu esforzo físico e alimentos e produtos de hixiene que se destinaron

á Despensa Municipal de Alimentos do Concello de Cambre.

O resultado final reflicte:

- un gran número de kilómetros percorridos

- un total de 59 caixas que contiñan kilos de paz e solidariedade cos máis necesitados.

Podedes ver un vídeo conmemorativo premendo na imaxe

 

 

TEDES TODA A INFORMACIÓN PREVIA PREMENDO AQUÍ

 

 

INSTRUCCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZAS EN CENTROS DE ADSCRICIÓN.

O prazo de presentación de solicitudes será desde O 16 DE XANEIRO ATA O 6 DE FEBREIRO DE 2023.

 

O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación "admisionalumnado" na dirección web que se enlaza a continuación, http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado o formulario normalizado ED550A que se publica como Anexo I da Orde do 21 de outubro de 2022.

 

Enlace ao formulario normalizado premendo ED550A

 

Información sobre a reserva de prazas ás familias aquí

 

O formulario normalizado será facilitado gratuitamente no centro educativo e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de galicia, na aplicación "admisionalumnado", e na páxina web da consellería de educación.

A DOCUMENTACIÓN ENTREGARASE NA TITORÍA ÁS RESPECTIVAS TITORAS/TITOR NO PRAZO INDICADO

 

CONCURSO CARTEL DOS REIS MAGOS 2022

ACHEGAMOS A PROPOSTA DO CONCELLO DE CAMBRE PARA O ALUMNADO DE 3º,4º E 5º DE E.P.

Concurso “Cartel de Reis Magos”

 

O Concurso de “Cartel de Reis Magos” en Cambre vai dirixido ao alumnado de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria dos colexios públicos do municipio de Cambre.

Os/as participantes do concurso teñen que facer un debuxo da festividade dos Reis Magos en Cambre.

      1. Presentarase o cartel pintado e decorado con distintos motivos, lenda ou ambos, que fagan referencia á cabalgata dos Reis Magos en Cambre, en cartolina tamaño folio A-4, en horizontal. É recomendable que a cor da cartolina sexa branca.
      2. Empregarase a lingua galega.
      3. O prazo de entrega do cartel rematará o venres 9 de decembro de 2022, e serán recollidos a partir dese día por persoal municipal en cada centro escolar.
      4. Para participar no concurso deberá entregar o cartel no centro escolar ao seu/súa titor/a: cos datos compretos do alumno/a participante: nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono particular, colexio, curso e aula e correo electrónico da nai/ pai ou titor/a do concursante.

 

 

O debuxo gañador do concurso será o cartel anunciador da cabalgata de Reis de Cambre no ano que corresponda.

 

 

 

 

 

 

 

RECOLLIDA SOLIDARIA DE XOGUETES NADAL 2022

ESTE NADAL O CENTRO PROMOCIONA A INICIATIVA DE EQUUS ZEBRA

 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!

RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR 2022/2023

Para obter información do proceso de renovación parcial dos membros do Consello Escolar 2022/23, premede AQUÍ

INFORMACIÓN CONSELLO ESCOLAR

CALENDARIO DE ACTUACIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR SECTOR PAIS - NAIS - TITORES LEGAIS

CANDIDATURA DE PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS

O prazo de presentación de candidaturas abrangue dende 11 ata o 18 de novembro ambos os dous inclusive.

O 21 de novembro realizouse o sorteo público para a  designación dos membros da mesa electoral no sector pais/nais/titores legais.

Os membros integrantes das mesas electorais e os electores que necesiten permiso laboral para o desempeño das súas obrigas seralles de aplicación o artigo 70.2 da lei 4/1988, do 26 de maio (DOG do 1 de xuño), da función pública de Galicia:

"podera concederse permiso polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inexcusable de carácter público ou persoal".

PUBLICADO NO TABOLEIRO INTERIOR DO CENTRO A RELACIÓN DE CANDIDATURAS NO SECTOR PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS E NO SECTOR PROFESORADO.

O prazo de reclamación ás candidaturas remata o 23 de novembro de 2022.

ENTRADAS E SAÍDAS CURSO 2022/2023

ENTRADAS:

Apertura das portas 09:20 h.

A entrada ao colexio de Educación Infantil, 1º EP, 2º EP, 3º EP, 4º EP será pola porta principal.

A entrada do alumnado transportado (bus escolar) será pola porta do aparcadoiro.

A entrada ao colexio do alumnado de 5º e 6º de EP será pola porta branca (zona traseira colexio, ao lado do pavillón).

 

SAÍDAS:

Educación Infantil:Alumnado que se vai para casa, apertura de portas ás 14:20, os pais/nais/ titores legais e/ou autorizados achegaranse ao patio cuberto diante da porta do edificio de infantil.

Educación Primaria:

1º, 3º, 4º EP: o alumnado que vai para casa, hora de saída 14:30, sairá pola porta do edificio principal.

2º EP: o alumnado que se vai para casa sairá ás 14:30 horas pola porta do edificio de biblioteca.

5º e 6º EP: o alumnado que se vai para casa, sairá pola porta branca da parte traseira do colexio ás 14:30 horas.

Lembramos que poderán ir sós para casa o alumnado de 5º e 6º de EP que teñan autorización firmada polos seus pais/nais/ titores legais.

ESTAMOS DE VOLTA!!!! CURSO 2022/2023

O COMEZO DAS CLASES DO CURSO 2022/2023 SERÁ O XOVES 8 DE SETEMBRO.

O ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL,3 ANOS, TERÁ O PERÍODO DE ADAPTACIÓN DO 8 DE SETEMBRO AO 16 DE SETEMBRO (AMBOS OS DOUS INCLUSIVE).

O SERVIZO DE COMEDOR DARÁ COMEZO O DÍA 8 DE SETEMBRO DE 2022 E REMATARÁ O 21 DE XUÑO DE 2023, COINCIDINDO CO DERRADEIRO DÍA DO CURSO 22/23.

O ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL INCORPORARASE AO SERVIZO DE COMEDOR O LUNS 19 DE SETEMBRO DE 2022.

MAÑÁ MARTES 6 DE SETEMBRO PUBLICARASE NESTA PÁXINA WEB A DISTRIBUCIÓN DAS ENTRADAS E SAÍDAS DO ALUMNADO DO CENTRO

AXUDAS LIBROS DE TEXTO/ MATERIAL ESCOLAR 2022-2023

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022

 

Información axudas..... prema aquí

 

Orde do 29 de abril de 2022 (DOGA 18 de maio) pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto ....  prema aquí

 

SOLICITUDE: .... anexoI / anexoII (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)

 

ENTREGA DAS SOLICITUDES E DA DOCUMENTACIÓN 

 

  • Presencialmente no centro escolar en horario de 09:30 a 14:00 horas.                                                  
  • En liña accedendo á aplicación Fondo Libros: https:www.edu.xunta.es/fondolibros
  • En liña a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (chave365).

 

PRAZOS DA RESOLUCIÓN

Publicación das listaxes provisionais: 29 de xuño de 2022

Reclamacións ás listaxes provisionais: 30 de xuño e 1 de xullo de 2022

Publicación das listaxes definitivas: 5 de xullo de 2022

 

RECOLLIDA DOS VALES DE MATERIAL ESCOLAR E DE LIBROS DE TEXTO

Do 5 ao 11 de xullo de 2022. Poderán recollelos na secretaría do centro en horario 10h a 14h. Só poderá recollelos a persoa solicitante ou algún maior de idade autorizado, previa presentación de copia do DNI do solicitante e ensinando o seu DNI.

 

 

PRAZOS PARA SOLICITAR OS SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: COMEDOR E TRANSPORTE ESCOLAR

Informámoslles que do 20 ao 31 de maio ábrese o prazo para presentar as solicitudes dos servizos complementarios (comedor e transporte escolar) do vindeiro curso 2022/2023 para o alumnado xa matriculado no centro.

As solicitudes poderán descargalas da páxina web do centro ou recollelas en administración. Deberán presentar unha solicitude por alumno/a pero achegar a documentación só nunha delas.

HORARIO DE ENTREGA EN ADMINISTRACIÓN DE 09:30 A 14:00h.

O alumnado novo poderá solicitar estes servizos no período de formalización de matrícula, do 21 ao 30 de xuño.

SOLICITUDE DE COMEDOR

prema aquí

SOLICITUDE DE TRANSPORTE

prema aquí

Distribuir contido