Edudixital

     

      Espazo abalar                                   

         Portal educativo                                      

CEIP WFF

 

Rúa Wenceslao Fernández Flórez, 16, 15660 Cambre.

 ceip.wenceslao@edu.xunta.gal

Punto Laranxa contra o acoso escolar

CONCURSO CARTEL DOS REIS MAGOS 2022

ACHEGAMOS A PROPOSTA DO CONCELLO DE CAMBRE PARA O ALUMNADO DE 3º,4º E 5º DE E.P.

Concurso “Cartel de Reis Magos”

 

O Concurso de “Cartel de Reis Magos” en Cambre vai dirixido ao alumnado de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria dos colexios públicos do municipio de Cambre.

Os/as participantes do concurso teñen que facer un debuxo da festividade dos Reis Magos en Cambre.

      1. Presentarase o cartel pintado e decorado con distintos motivos, lenda ou ambos, que fagan referencia á cabalgata dos Reis Magos en Cambre, en cartolina tamaño folio A-4, en horizontal. É recomendable que a cor da cartolina sexa branca.
      2. Empregarase a lingua galega.
      3. O prazo de entrega do cartel rematará o venres 9 de decembro de 2022, e serán recollidos a partir dese día por persoal municipal en cada centro escolar.
      4. Para participar no concurso deberá entregar o cartel no centro escolar ao seu/súa titor/a: cos datos compretos do alumno/a participante: nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono particular, colexio, curso e aula e correo electrónico da nai/ pai ou titor/a do concursante.

 

 

O debuxo gañador do concurso será o cartel anunciador da cabalgata de Reis de Cambre no ano que corresponda.