Skip to Content

DÍA DO LIBRO

23/04/2020 17:03
Europe/Madrid

Encántanos ver o orixinais que sodes e as vosas recomendacións. Aquí tedes un adianto de todo o que estades a mandarnos. Podedes seguir enviando as vosas ideas. Esperamos que vos guste!

 

(PARA VER OS VIDEOS MELLOR PODEDES DESCARGALOS.

ENGADIMOS UN NOVO ARQUIVO CON CALIDADE MAIS BAIXA PARA AQUELES QUE NON DEADES ABERTO O PRIMEIRO. TEDE PACIENCIA, SON ARQUIVOS MOI PESADOS E TARDAN EN CARGAR)

DÍA DO LIBRO

 

Ola a todos e a todas!

Este xoves 23 de abril celébrase o día do libro. Por este motivo dende o equipo de biblioteca propoñémosvos unha idea.

Que vos parece se facemos dende a casa un vídeo lendo un libro? Así poderemos vernos uns a outros despois de tantos días de confinamento e pasar un bo rato.

Podedes ler o libro, disfrazarvos, poñer decorado, ou incluso para os máis atrevidos dramatizalo a modo de teatro, usar títeres, etc.   

Cando os teñades podedes envialo ao correo do cole e irémolo colgando na páxina web do mesmo.

ceixp.virxe.covadonga@edu.xunta.es

Estade atentos nos próximos días. Esperamos ansiosos para ver o ben que o facedes.

Unha aperta.

 

PRONTO ESTAREMOS XUNT@S

Pronto volveremos a estar xunt@s.

Esperamos que vos guste.

Pichade na imaxe.

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional comezará a pagar este martes 14 de abril as axudas de carácter directo a través das cales aboará os menús dos comedores escolares xestionados pola Administración ás familias con menos recursos mentres estean suspendidas as clases presenciais.

 

3º AVALIACIÓN

Estimadas familias, hoxe debería comezar a terceira avaliación, os rapaces deberían volver as aulas pero a situación que estamos a vivir non o vai permitir de momento.

Queremos seguir transmitindo moito ánimo para tod@s e sobre todo queremos que saibades que vos motamos moito de menos e que estamos desexando volver e que vos volvades ao cole. 

De momento todavía non hai instruccións acerca de como se vai  desenvolver o curso, e queremos informarvos das ultimas idicacións recibidas onte pola tarde por parte da Consellería de Educación:

"Con motivo do mantemento da situación de emerxencia de saúde pública causada polo COVID-19, e conseguinte suspensión da actividade lectiva presencial desde o pasado 13 de marzo,  unha vez rematadas as vacacións de semana santa e coa finalidade que os centros educativos poidan iniciar a organización da súa actividade neste terceiro trimestre:

1.- A actividade lectiva non presencial continuarase, con carácter xeral, mediante repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido, centrándose na adquisición das competencias clave. Así mesmo, os centros educativos avaliarán as medidas a adoptar para a atención ao seu alumnado con maiores dificultades de acceso á educación no actual contexto. 

2.- Unha vez teña lugar a xuntanza da Conferencia Sectorial de Educación, prevista para o vindeiro mércores, 15 de abril, na que participan o Ministerio de Educación e Formación Profesional e as Comunidades Autónomas, coa finalidade de coordinar as medidas concretas a adoptar para o desenvolvemento do terceiro trimestre e final do curso 2019/2020, ditaranse as instrucións que procedan."

Pola nosa parte, informarvos que en canto teñamos instruccións claras de como proceder informarémosvos de inmediato.

Con respecto as tareas e a súa organización, @s titor@s, profesor@s e o equipo directivo seguiremos poñéndonos en contacto como ata agora con vos, e poderedes seguir transmitindo as vosas inquedanzas a través das canles que se utilizaron ata agora, páxina web do centro, correo electrónico, teléfono, abalar mobil.

O máis importante agora e continuar na casa e seguir facendoo tan ben como ata agora, xa queda menos e pronto volveremos a vernos.

Moito ánimo.

A dirección.

 
 

SEMANA SANTA

Estimadas familias, dende o CEIP VIRXE DE COVADONGA queremos volver a transmitir todo o noso apoio e todo o noso ánimo para estos días que nos toucou vivir.

Recordade que @s vos@s fill@s deben e teñen que descansar nestas vacacións de Semana Santa,durante este periodo non se van a enviar tareas nin recomendacións, xa que todos estaremos disfrutando dunhas merecidas vacacións.

En canto teñamos algunha notificación de como vai a proseguir o curso , informarémosvos de inmediato.

Podedes comunicarvos co centro a traves do correo electrónico, pero o telefóno terémolo desconectado durante toda a semana.

Moito ánimo e moita forza de parte de tod@s @s profes .

A dirección.

 

ABALAR MÓBIL

Estimadas familias, lembrade que é moi importante que descarguedes a aplicación abalar móbil , para poder recibir notificacións e para poder recibir mañá día 3 de abril os boletíns de notas da segunda avaliación d@s vos@s fill@s.

Se pinchades na imaxe teredes unha guía para descargar a aplicación.

MOITO ÁNIMO!!

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR - COVID-19

PRAZO SOLICITUDES

Do 31 de marzo ó 6 de abril, ambos inclusive

PRESENTACIÓN SOLICITUDES

SEDE ELECTRÓNICA

Nas seguintes ligazóns terán acceso ao impreso de solicitud e a sede electrónica. Para presentar a solicitude a través da sede é necesario ter certificado dixital, ou a chave 365. 

CÓDIGO DO PROCEDEMENTO ED601B

https://sede.xunta.gal 

FORMULARIO PDF

FORMULARIO WORD

ORDE 27 MARZO

          OU

DIRECCIÓN DO CENTRO

Enviando un correo electrónico a ceip.virxe.covadonga@edu.xunta.es cos seguintes datos:

1. DNI do pai ou da nai:

2. Pagamento:gratuidade total ou abono de 1€

Nome do neno/a:

3. Nome do pai/nai:

4. Número da conta bancaria:

SEGUNDA AVALIACIÓN

Segundo as instruccións remitidas pola consellería, e a efectos de dar continuidade ó calendario escolar, procedemos a formalizar o peche do segundo trimestre.

Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma, polo que as notas poranse en función dos instrumentos de avaliación (exames, traballos de aula…) dispoñibles antes do 13 de marzo.

As cualificacións publicaranse por AbalarMóbil o día 3 de abril.   

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR XESTIÓN DIRECTA.

 CORONAVIRUS: COVID-19

1. A qué persoas vai dirixido?

A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas as familias do alumnado que ostenta a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de educación infantil, en educación primaria e no ensino secundario obrigatorio.

E dicir, a familias que durante o curso escolar pagan 0 euros polo comedor, ou 1€ polo mesmo.

 

2.En qué consiste a axudas?

As axudas económicas previstas consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal, entendido como o servizo de comida ao mediodía, e polos días de lectivos de suspensión da prestación do servizo  como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19.

 

3.Qué axuda se vai a percibir?

(2,50 €) no casos de alumnado gratuidade  total

(1,50 €) para o alumnado que paga 1€

 

 4.Qué días cubre esta axuda?

Marzo: dende o día 16 ata o 31 de marzo: en total só 11 días  lectivos.

Abril: dende o 1 ó 3 de abril: en total só 3 días.

Prórroga: si se prolonga outros 15 días cubriría (días lectivos) ata o 1 de maio (non incluído por ser festivo)

 

5. Cómo se vai a pagar.

En dous pagamentos. 

pagamento: polo período de marzo e o de abril ata semana santa (3 abril).

pagamento: si se prorroga unha terceira situación de alarma ata o 1 de maio.

 

6.Quen son os beneficiarios?

Familias que durante o curso escolar pagan 0 euros polo comedor, ou 1€ polo mesmo, cun ou máis fillos escolarizados en centros educativos ó cargo da Consellería de Educación, na relación de usuarios correspondentes ao 31 de xaneiro de 2020.

 

7.Cómo presentar a solicitude e qué prazo hai?

Prazo: dende o día 31 de marzo o 6 de abril, ambos inclusive.

Presentación: Forma electrónica sempre, de dúas formas:

  • Formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para elo é necesario ter certificado dixital, ou a chave 365
  • Dirección do centro: enviando un correo electrónico a ceip.virxe.covadonga@edu.xunta.es cos seguintes datos:

1. DNI do pai ou da nai:

2. Pagamento:gratuidade total ou abono de 1€

    Nome do neno/a:

3. Nome do pai/nai:

4. Número da conta bancaria:

 

 8.Publicítase a resolución das familias beneficiadas?

NON, porque son datos de especial vulnerabilidade, entón non será exposto publicamente as familias beneficiadas de acordo artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Aclaración: cada familia saberá si é beneficiaria por ingreso de conta bancaria.

 

9. Canto tempo tarda en resolverse a resolución?

10 días, desde que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

 

10.  Canto tempo tarda a Xunta de Galicia en aboar opagamento?

5 días dende que salga a resolución.

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut