Skip to Content

PROGRAMACIÓNS

MODIFICACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS

Anexo a PXA. Modificacións nas programacións.

Seguindo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia. Procédese as modificacións das programación seguindo os seguintes puntos:

Punto 6.1 establece que os centros e o profesorado revisarán os currículos e as programacións didácticas para centrar as actividades lectivas do derradeiro trimestre nas aprendizaxes e competencias imprescindibles que deberían desenvolver os alumnos e as alumnas, en función da súa etapa, curso, área ou materia, flexibilizando os seus plans de traballo e coidando de non penalizar ou afectar ao benestar do seu alumnado, nin sobrecargalo de tarefas excesivas.

Os departamentos didácticos, os equipos de ciclo e os equipos docentes de cada curso, baixo a coordinación e dirección da respectiva xefatura de departamento, coordinación de ciclo ou do titor ou titora de curso, adaptarán a programación didáctica das ensinanzas correspondentes ao ciclo, áreas, materias ou módulos integrados no departamento, que será o referente para o profesorado que imparta a mesma área, materia, módulo ou ámbito no centro educativo.

No punto 6.8. Identificaranse as aprendizaxes (estándares de aprendizaxe, ou no seu caso resultados de aprendizaxe) e competencias imprescindibles que debería desenvolver o alumnado para cada materia, área, módulo ou ámbito, que servirán de referente para o deseño das actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación que se desenvolvan durante o terceiro trimestre.

1.   

ESTÁNDARES MÍNIMOS DE APRENDIZAXE, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E COMPETENCIAS CLAVE

 

2.   

METODOLOXÍA

Durante o terceiro trimestre desenvolveranse actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do seu alumnado. Na medida do posible deseñaránse actividades globalizadoras e interdisciplinares, debidamente titorizadas, promovendo o traballo colaborativo entre os equipos docentes das distintas áreas e materias nas etapas, ciclos ou ensinanzas en que sexa posible.

 A ampliación das aprendizaxes tomará como referentes aqueles obxectivos e competencias clave máis necesarios para a adecuada progresión do alumnado e que para a súa asimilación requiran a mínima intervención docente.

Para o alumnado que non adquirise as aprendizaxes e competencias imprescindibles nos dous primeiros trimestres do curso, proporánselle actividades que lles axuden a adquirilas e superar a materia, co obxectivo de que os alumnos e alumnas poidan continuar o seu itinerario formativo.

 

3.   

CRITERIO DE CUALIFICACIÓN

A avaliación e cualificación adaptarase, tendo en consideración que se realizará sobre as aprendizaxes desenvolvidas durante os dous primeiros trimestres do curso, así como sobre as actividades de reforzo, recuperación ou ampliación de aprendizaxes realizadas dende a declaración do estado de alarma polo Real Decreto 463/2020, sempre e cando beneficie ao alumnado.

 

Para a concreción dos criterios de avaliación e cualificación desta modificación da programación teranse en conta as aprendizaxes e competencias imprescindibles anteriormente identificadas.

 

 

4.   

TEMPORALIZACIÓN

Ditas modificacións teñen validez para o terceiro trimestre do curso 19/20.

 

NOS DOCUMENTOS ADXUNTOS TERÁN ACCESO ÁS DIFERENTES PROGRAMACIÓNS MODIFICADAS

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut