Ola ,Bo día familias!
Espero que esteades todos ben, ou o mellor posible, dentro destas circunstancias tan extrañas.
Antes de que confinaran á clase estabamos traballando co conto da cebra Camila, a continuación deixovos o conto para que o vexan e unhas actividades interactivas do mesmo.
Co Programa de Estimulación da Linguaxe Oral(PELO) o que pretendemos e mellorar a pronuncia e o vocabulario dos peques. Así que, unha vez visto o conto, preguntádelle cousiñas como:
Que animais saen no conto?
Que cousas lle dan a Camila?
....o que se vos ocurra para que eles falen, seguramente, non pronuncien todo ben, nese caso, repetídello vós correctamente , e que eles intenten facelo ben, non pasa nada se non lles sae, tende en conta que teñen 3 anos, o importante e que oian a pronuncia correcta e intenten facela.
As fichas son interactivas polo que non tedes que imprimilas. hai unha na que aparecen os nomes das personaxes, tendes que lerllos vós e que eles repitan o nome.ao final da ficha aparace un "TERMINADO" se lle dades ahí davos a opción de autocorrección.
Espero vervos pronto !!!
Fichas
A CEBRA CAMILA 1
A CEBRA CAMILA 2