Skip to Content

NOVAS

COMEZO DE CURSO

COMEZO DAS CLASES

Lémbrase a toda a comunidade educativa que o comezo das clases será o mércores, día 11 de setembro, ás 09:30h.

 

SERVIZO DE COMEDOR

 

Lémbrase que todos aqueles usuarios que queiran utilizar este servizo no mes de setembro terán que ter entregada a documentación de solicitude antes do día de inicio das clases (11 de setembro).

PLAN ESTRATÉXICO DE MELLORA DO CENTROS PROA+ DE GALICIA

Os centros educativos están sempre cambiando, de distintas formas e por distintas razóns. Só algúns destes cambios ocorren como resultado dun plan de mellora escolar explícito.

Os cuestionarios poden ser utilizados para impulsar o traballo dos profesores, equipo educativo e estudantes nos aspectos que desexen mellorar no seu centro escolar. Tamén poden axudar a incorporar a un amplo grupo de persoas na análise do que está a pasar e de como melloralo.

O cuestionario 1 poderá ser de maior utilidade para o equipo educativo e directivo. 

O Cuestionario 2 é para os pais/titores legasi.

O Cuestinario 3 inclúen indicadores támen para os pais/titores legais

Os cuestionarios 4 é para os estudantes de 3º a 6º de primaria.

O cuestionario 5 é para os estudantes de 1º e 2º de primaria.

O cuestionario 6 é para o PAS.

Cuestionario I. Indicadores.

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/HFimF75TAqwDdqLr

Cuestionario 2. Familias. 

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/DKLQ6gzCDYcxm27T

Cuestionario 3. Familias. Indicadores

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/jZPbD4CodxT5j8DA

Cuestionario 4. Mi centro escolar. Alumnado 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria.

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/zCYidjTcftJbJZ83

Cuestionario 5. Mi colegio. Alumnado 1º e 2º Ed. Primaria. 

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/EQS2WC2kqAcnEq92

Cuestionario 6. PAS. 

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/AwMyPC7Wix9yxMci

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA - CURSO 2024-2025

Todo o alumnado admitido deberá formalizar a matrícula entre o 20 ao 30 de xuño.

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2024-2025

Dende mañá día 21 de maio e ata o 21 de xuño incluído, ábrese o prazo para presentar as solicitudes de participación no Fondo Solidario de Libros de Texto e AXUDAS para adquirir libros de texto e material escolar, para o vindeiro curso académico 2024-2025.

O impreso de solicitude poderá descargarse do arquivo adxunto ou poderá recollerse no centro. 

As solicitudes poderán presentarse por sede electrónica ou de forma presencial no centro.

Días NON LECTIVOS no mes de maio

Estimada comunidade educativa, o centro permanecerá pechado os seguintes días no próximo mes de maio:

 - Mércores, 1 de maio

 - Venres, 17 de maio 

 - Luns, 20 de maio.

AVISO para as familias de nova incorporación

TODO o ALUMNADO que solicitou praza no noso colexio para o curso 2024-2025 está ADMITIDO.

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2023-2024

Seguindo o establecido na actual lei educativa estatal, as avaliacións aplicaranse en todos os centros educativos onde se impartan as ensinanzas de primaria (4º curso EP) e/ou secundaria (2º curso ESO).

Avaliaranse as competencias matemática e lingüística en lingua e literatura galega, e castelá e en lingua estranxeira (inglés).

As probas terán carácter informativo, formativo e orientador para o centro, que recibirá información sobre os resultados acadados polo conxunto do seu alumnado por etapa e competencia avaliada.

Máis información na seguinte infografía:

Vacacións por Semana Santa

Estimada comunidade educativa, o centro permanecerá pechado desde o luns 25 de marzo ata o luns 1 de abril de 2024, ambos inclusive, por vacacións de Semana Santa.

Febreiro, mes de PORTAS ABERTAS

Ven a coñecer o noso colexio!!

Días NON LECTIVOS en febreiro

Estimada comunidade educativa, o centro permanecerá pechado os seguintes días por vacacións de Entroido:

 - Luns,12 de febreiro.

 - Martes,13 de febreiro.

-  Mércores,14 de febreiro.

Distribuir contido


by Dr. Radut