Skip to Content

NOVAS

Días NON LECTIVOS en febreiro

Estimada comunidade educativa, o centro permanecerá pechado os seguintes días por vacacións de Entroido:

 - Luns, 20  de febreiro

 - Martes, 21 de marzo 

-  Mércores, 22 de marzo.

EDIXGAL . Cobertura do Servizo Integral de Reparación

Características e cobertura do Servicio Integral de Reparación.

 

COMEZO DE CURSO

COMEZO DAS CLASES

Lémbrase a toda a comunidade educativa que o comezo das clases será o xoves día 8 de setembro ás 09:30h.

 

SERVIZO DE COMEDOR

 

Lémbrase que todos aqueles usuarios que queiran utilizar este servizo, terán que ter entregada a documentación de solicitude antes do día de inicio das clases (8 de setembro).

 

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E PARA COMEDOR ESCOLAR

Estas axudas teñen por obxecto apoiar económicamente ás unidades de convivencia empadronadas no Concello de Ourense para a compra de libros e material escolar e comedores escolares.

Son destinatarios desta convocatoria as unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo residentes no Concello de Ourense que, na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes cumpran os requisitos do citado artigo, entre outros:

  • Estar empadroados no Concello de Ourense, con tres meses mínimo de antigüidade, todos os membros da unidade de convivencia.
  • Que a capacidade económica anual non exceda de 4.000 euros por membro da unidade de convivencia (renta per cápita) para as axudas de libros e material escolar, e de 3.700 euros por membro da unidade familiar, para as axudas de comedor.

Máis información, no seguinte enlace: https://sede.ourense.gob.es/public/catalog-detail/axudas_libros_comedor

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2021-2022

De conformidade co establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021 da SecretaríaXeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, haberá eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no consello escolar entre os días 22 e 26 de novembro de 2021.

 

COMEZO DE CURSO

COMEZO DAS CLASES

Lémbrase a toda a comunidade educativa que o comezo das clases será o xoves día 9 de setembro ás 09:30h.

 

SERVIZO DE COMEDOR

Lémbrase que todos aqueles usuarios que queiran utilizar ese servizo, terán que ter entregada a documentación de solicitude antes do día de inicio das clases (9 de setembro), senón non terán dereito a comer no colexio.

 

REUNIÓNS INFORMATIVAS sobre o  PROTOCOLO COVID-19

  - Martes 7 de setembro ás 16:00h.: familias con fillos/as en Ed. Infantil e/ou 1º de Ed. Primaria.

  - Martes 7 de setembro ás 16:30h.: familias con fillos/as en 2º, 3º e 4º de Ed. Primaria.

  - Martes 7 de setembro ás 17:00h.: familias con fillos/as en 5º e 6º de Ed. Primaria.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021-2022

Dende hoxe día 21 de maio e ata o 22 de xuño, ábrese o prazo para presentar as solicitudes de participación no Fondo Solidario de Libros de Texto e a adquisición de libros de texto e material escolar, para o vindeiro curso académico 2021-2022.

 

Consulta información:Orde do 6 de maio de 2021

Participación:www.edu.xunta.gal/fondolibros

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS CURSO 2021-2022

Todo o alumnado que presentou solicitude para o vindeiro curso 2021/2022, está ADMITIDO no centro.

A publicación de listaxes realizarase só nos taboleiros interiores do centro.

O PRAZO PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA SERÁ DO 20 AO 30 DE XUÑO.

PROCESO DE ESCOLARIZACIÓN 20/21-NOVOS PRAZOS

APERTURA DE NOVO DO PROCESO DE ADMISIÓN

NOVAS DATAS 

DO 11 AO 18 DE MAIO (AMBOS INCLUÍDOS)

O ALUMNADO QUE XA ESTÁ MATRÍCULADO NO CENTRO NON TEN QUE FACER NINGÚN TRÁMITE

 

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN

1.PRESENTACIÓN TELEMÁTICA

PÓDESE FACER DE MANEIRA TELEMÁTICA A TRAVÉS DA LIGAZÓN

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

2.PRESENTACIÓN NO CENTRO

ÚNICAMENTE MEDIANTE CITA PREVIA:

NO TELÉFONO 988 78 80 32 

NO CORREO ELECTRÓNICO ceip.virxe.covadonga@edu.xunta.es

 

A PRESENCIA NO CENTRO SOAMENTE ESTÁ PERMITIDA PARA A FORMALIZACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN E CON CITA PREVIA

 

PARA MÁIS INFORMACIÓN DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN CHAMAR AO NÚMERO 988783082

 

 

ABALAR MÓBIL

Estimadas familias, lembrade que é moi importante que descarguedes a aplicación abalar móbil , para poder recibir notificacións e para poder recibir mañá día 3 de abril os boletíns de notas da segunda avaliación d@s vos@s fill@s.

Se pinchades na imaxe teredes unha guía para descargar a aplicación.

MOITO ÁNIMO!!

Distribuir contido


by Dr. Radut