Skip to Content

Benvida

 

                                                                                    

 CEIP VIRXE DE COVADONGA

RÚA CIBELES, 1- 32001 OURENSE

  988 78 30 80 (Edif. COVADONGA) 

  988 78 30 88 (Edif. EIROÁS) 

ceip.virxe.covadonga@edu.xunta.gal

SOLICITUDE para actuar como COLABORADOR/A no COMEDOR ESCOLAR

Apertura do prazo de ADMISIÓN DE SOLICITUDES para actuar como COLABORADOR/A nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do COMEDOR ESCOLAR durante o curso 2024-2025.

Descargue a solicitude a través do arquivo adxunto ou na secretaría do centro educativo.

COMEDOR ESCOLAR 2024-2025

Estimadas familias,

informámoslles de que xa está dispoñible o impreso de solicitude de comedor para o curso 2024-2025. O alumnado levará unha copia impresa.

Poden descargar o documento no arquivo adxunto ou solicitar copia impresa na Secretaría do centro.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA - CURSO 2024-2025

Todo o alumnado admitido deberá formalizar a matrícula entre o 20 ao 30 de xuño.

FONDO LIBROS: listaxes provisionais de admitidos e excluídos.

Desde o martes 25 de xuño estarán publicadas no taboleiro interior do centro, as listaxes coa adxudicación provisional de libros de texto para o alumnado que cursará 3º ou 4º de primaria para o curso 2024-2025.

O prazo para a reclamación á listaxe provisional será de dous días tras a publicación: ata o 28 de xuño de 2024.

As listaxes definitivas serán publicadas o 1 de xullo de 2024.

Os libros da listaxe definitiva entregaranse aos alumnos/as no Centro durante o mes de setembro.

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2024-2025

Dende mañá día 21 de maio e ata o 21 de xuño incluído, ábrese o prazo para presentar as solicitudes de participación no Fondo Solidario de Libros de Texto e AXUDAS para adquirir libros de texto e material escolar, para o vindeiro curso académico 2024-2025.

O impreso de solicitude poderá descargarse do arquivo adxunto ou poderá recollerse no centro. 

As solicitudes poderán presentarse por sede electrónica ou de forma presencial no centro.

SERÁ DAS LETRAS GALEGAS 2024

Este xoves, 16 de maio, celebramos no centro o SERÁN DAS LETRAS GALEGAS.

Fermosa xornada de música en directo, obradoiros, recitado de poemas, cantigas, baile; homenaxe á poeta, filóloga, violinista,... Luisa Villalta.

Días NON LECTIVOS no mes de maio

Estimada comunidade educativa, o centro permanecerá pechado os seguintes días no próximo mes de maio:

 - Mércores, 1 de maio

 - Venres, 17 de maio 

 - Luns, 20 de maio.

AVISO para as familias de nova incorporación

TODO o ALUMNADO que solicitou praza no noso colexio para o curso 2024-2025 está ADMITIDO.

Distribuir contido


by Dr. Radut