Skip to Content

LIBROS DE TEXTO CURSO 2021-2022

Relación de libros de texto para o vindeiro curso 2021-2022. No primeiro arquivo tedes os libros correspondentes ao Edificio de Covadonga, e no segundo, os correspondentes ao Edificio de Eiroás.

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021-2022

Dende hoxe día 21 de maio e ata o 22 de xuño, ábrese o prazo para presentar as solicitudes de participación no Fondo Solidario de Libros de Texto e a adquisición de libros de texto e material escolar, para o vindeiro curso académico 2021-2022.

 

Consulta información:Orde do 6 de maio de 2021

Participación:www.edu.xunta.gal/fondolibros

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS CURSO 2021-2022

Todo o alumnado que presentou solicitude para o vindeiro curso 2021/2022, está ADMITIDO no centro.

A publicación de listaxes realizarase só nos taboleiros interiores do centro.

O PRAZO PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA SERÁ DO 20 AO 30 DE XUÑO.

AXUDAS CONCELLO LIBROS E COMEDOR ESCOLAR

Bo día,

dende a Concellería de Política Social do concello de Ourense infórmase de que no BOP do día 12 de abril de 2021 saíu publicada a convocatoria para a petición de axudas de libros de educación infantil e comedores escolares para o curso 2021-22.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o día 13 de abril ao 3 de maio, ambos os dous incluídos.

As instancias pódense recoller na Oficina de Atención Cidadá (Praza Maior 1), nas oficinas municipais da Rúa Bispo Carrascosa 8 e en todas as UNIS de Benestar Social.

Toda a información destas axudas pódese consultar na Sede electrónica municipal [https://sede.ourense.gob.es/public/catalog-detail/axudas_libros_comedor]

LISTAXE PROVISORIA DE ADMITIDOS

Xa se pode consultar a listaxe provisoria de admitidos para o curso 2021-2022 no taboleiro interior do centro (Edificio de Covadonga) ou na aplicación AdmisiónAlumnado.

 

NOTA: Todo o alumnado que solicitou praza no centro para o vindeiro curso, ESTÁ ADMITIDO.

SEMANA SANTA

INFÓRMASE A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA QUE AS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA SERÁN COMEZARÁN O SÁBADO DÍA 27 E ATA O LUNS DÍA 5 DE ABRIL, POLO QUE A ACTIVIDADE LECTIVA REANUDARASE O MARTES, DÍA 6 DE ABRIL.

 

O EQUIPO DIRECTIVO

CRITERIOS DE ASIGNACIÓN DE AULAS PARA ALUMNADO DE NOVO INGRESO

CRITERIOS PARA A ASIGNACIÓN DE AULA A ALUMNADO PROCEDENTE DOUTROS CENTROS OU DE NOVO INGRESO

 

    

Criterios para a asignación de aula a alumnado procedente doutros centros

 

Os criterios para designar a aula do alumnado que se incorpore doutros centros en calquera momento do curso, serán os seguintes:

 

1.     

Ratio (número de alumnos por aula. O novo alumno asignarase á aula con menor número de alumnos). Determínase a ratio nas unidades que son puras (teñen só un nivel) en 25 alumnos/as, e nas unidades que son mixtas (dous ou máis niveis) en 20 alumnos na etapa de Educación Primaria, e 18 alumnos na etapa de Educación Infantil.

 

2.     

Letra do primeiro apelido: dende a letra A ata o L (incluído), asignaráselle a aula  A (edificio de Covadonga), e dende o M ata o Z, asignaráselle a aula B (edificio de Eiroás).

 

3.     

Concilia: si veñen dous ou máis irmáns, teranse en conta os criterios anteriores para o irmán menor. Se xa estivera matriculado un irmán no centro, ao de nova incorporación asignaríaselle a aula que lle correspondera por nivel no mesmo edificio que o seu irmán, salvo petición expresa e por escrito dos pais ou representantes legais.

 

4.     

NEAE: se o alumno que se incorpora ten ACI, asignaráselle a aula onde non exista ningún alumno con estas medidas específicas. En caso de que houbera nas dúas aulas, atenderíanse aos criterios mencionados anteriormente en orde, aínda que sempre tendo en conta o criterio da Xefatura do Departamento de Orientación  do centro.

 

 

                       

Criterios para a asignación de aula a alumnado de novo ingreso (4º de Educación Infantil)

  

A comisión de agrupamento que se constituiu no centro, e que está formada polo equipo de Educación Infantil, Xefa de Departamento de Orientación e Equipo Directivo, determinou os seguintes criterios de adxudicación de aula:

 

1. Proximidade de domicilio ao edificio

 

NOTA ANEXA: De todos os xeitos, todo aquel alumnado que aínda  que  lle corresponda o edificio de Eiroás atendendo aos criterios anteriores, estea interesado en matricularse nun grupo ubicado no edificio de Covadonga, poderá facelo, sempre e cando os criterios pedagóxicos así o posibiliten.

 

DATAS ESCOLARIZACIÓN CURSO 2021-2022

 

Cadro orientativo de datas do proceso de escolarización para o vindeiro curso académico 2021-2022. Nos arquivos adxuntos, inclúese tamén un formulario de solicitude e un manual para cubrilo.

Lembramos tamén que este proceso pódese facer de xeito presencial, entregando os papeis na Secretaría do Centro, ou de xeito telemático, a través da aplicación web AdmisiónAlumnado.

 

PRAZO ADMISIÓN MATRÍCULA

 

AVISO IMPORTANTE REPARTO MÁSCARAS ALUMNADO

INFORMAMOS A TODAS AS FAMILIAS QUE NON VIÑERON RECOLLER AS MÁSCARAS DO ALUMNADO NOS DÍAS E QUENDAS QUE SE ESTABLECERON, QUE PODERÁN FACELO A PARTIRES DE AGORA SOAMENTE OS MARTES EN HORARIO DE 16:00 A 18:00 HORAS.

Distribuir contido


by Dr. Radut