Skip to Content

CONVOCATORIA FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

     Informamos que a partires do pasado luns, 22 de maio, xa é posible solicitar as axudas para adquirir material escolar, libros de texto (1º e 2º de Educación Primaria) e para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto (de 3º a 6º de Educación Primaria), segundo publica a Xunta de Galicia (DOG 22/05/2017). O prazo remata o vindeiro 23 de xuño (venres).

     Todos os interesados poderán acceder a esta información e aos documentos para presentar no centro, a través da páxina web da Consellería de Educación (www.edu.xunta.es), ou na Secretaría do propio centro, onde se facilitará toda a información necesaria.

     Lémbrase tamén que para solicitar calquera de estas tres cousas, soamente será necesario cubrir o Anexo I.

 

     Os alumnos de 6º de Primaria que se acollan ao fondo solidario de libros de texto para 1º de ESO, levarán o Anexo I para cubrir, pero terán que tramitar a documentación no instituto no que se vaian a matricular.

 

 

 

 

PREMIO CERTAME DE MICRORRELATOS

 

 

A PRINCESIÑA DO CEO INFINITO

Hai moito tempo -na Idade Media- naceu en Ourense unha princesiña; chamáronlle “a princesiña do ceo infinito” (agora veredes o porque).
Unha noite a princesiña non parou de chorar e a cidade de Ourense inundouse; miles de persoas morreron.
Os reis non quixeron contarlle nada á súa filla. A nena foi crecendo e os seus pais consentíanlle todo para que non chorase e non se repetira o desastre.
Cando a princesiña cumpriu os dezaséis anos os seus pais decidiron que xa era o momento de contarlle o que acontecera.
Así o fixeron e... sabedes como reaccionou a caprichosa princesa?... Pois claro!, toda enrabechada comezou a patalexar e chorar ata que conseguiu unha nova inundación; pero esta vez a auga foi tanta que se converteu nun fermoso río. Por iso é que Ourense é a cidade da auga, gracias á princesiña do Ceo Infinito.

Paula Villa Rey

 

 

 

 

Entrega de premios certame microrrelatos. Telemiño

Entrega de premios certame microrrelatos. TVG

LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDO/AS

LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDO/AS

 

4º DE INFANTIL


AGUIAR VARELA,IDAIRA

COSTA LÓPEZ,JOAQUÍN

FERNÁNDEZ BLANCO,SARAY

GÓMEZ MARCOS,SOFÍA

GONZÁLEZ LÓPEZ,LUCAS

HERMIDA SOTO,NOA

OSORIO RODRÍGUEZ,XOEL


6º DE INFANTIL

GONZÁLEZ VARELA,AROA

 

SABOREANDO O MEL....... QUE CHUPA , QUE CHUPA, QUE CHUPA O MEL!!!!!

SABOREANDO O MEL....... QUE CHUPA , QUE CHUPA, QUE CHUPA  O MEL!!!!!

 

Os alumnos/as de Educación infantil do C.E.I.P.,Virxe de Covadonga de Ourense estivemos aprendendo moitas cousas sobre as abellas. Descubrimos como son, como traballan, como nacen e medran, onde viven, como se organizan e os produtos que elaboran co néctar e o polen.  Fixemos moitos traballos sobre as abellas e decoramos as aulas e os corredores con moitas abellas.

 

     
     

 

Ademais recibimos a visita de Xosé, un apicultor da Serra do Xures, que nos mostrou como son as abellas  e como fan a recoleccion da mel .

 

   

 

Trouxo colmeas a escola para que puidésemos ver como son, como son as celdillas e os panais, e explicounos como coidaban das abellas e como recollian os productos que elaboran estes pequenos animais: o mel, o propéleo,a jalea real,a cera coa que fan as velas dos aniversarios....

     


Puidemos ver as ferramentas que utilizan para o seu traballo: o traxe de apicultor,o fumeiro,as pinzas, a escobilla e practicamos con elas para sacar os paneis de mel da colmea.

     
     


Tróuxonos uns pequenos frasquiños de mel de agasallo

 

   
   


Despois probámolo mel, con tosta de queixo, con datiles, con frutas...!ESTABA RIQUISIMA!

 

   


¡CHUPAMONOS  OS DEDOS!!!

 

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDO/AS

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDO/AS

 

4º DE INFANTIL


AGUIAR VARELA,IDAIRA

COSTA LÓPEZ,JOAQUÍN

FERNÁNDEZ BLANCO,SARAY

GÓMEZ MARCOS,SOFÍA

GONZÁLEZ LÓPEZ,LUCAS

HERMIDA SOTO,NOA

OSORIO RODRÍGUEZ,XOEL


6º DE INFANTIL

GONZÁLEZ VARELA,AROA

MATRICULA 2017/2018

Dende o pasado 1 de marzo ata o vindeiro 20 de marzo (ámbolos dous inclusive) está aberto o prazo para solicitar plaza nos centros educativos.

Agora soamente fai falta cubrir o Anexo II, que se vos facilitará no centro, ou ben imprimilo dende o enlace que se adxunta, con toda a información acerca de este proceso.

 

 

PROCESO DE RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS

Lémbrase a toda a comunidade educativa que dende o 1 de febreiro ata o 15 de febreiro, está aberto o prazo para solicitar reserva de praza nos centros adscritos. No noso caso, os alumnos e alumnas de 6º de primaria terán que solicitalo, se así o desexan, para o IES Julio Prieto Nespereira (Sexto Instituto).

Tanto os que desexen continuar os estudos no centro adscrito, como os que desexen continuar en calquera outro centro, deberán presentar o Anexo I da Orde que figura como enlace adxunto, na Secretaría do noso cole.

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20170201_admision.pdf

 

Distribuir contido


by Dr. Radut