Skip to Content

PREMIO CERTAME DE MICRORRELATOS

 

 

A PRINCESIÑA DO CEO INFINITO

Hai moito tempo -na Idade Media- naceu en Ourense unha princesiña; chamáronlle “a princesiña do ceo infinito” (agora veredes o porque).
Unha noite a princesiña non parou de chorar e a cidade de Ourense inundouse; miles de persoas morreron.
Os reis non quixeron contarlle nada á súa filla. A nena foi crecendo e os seus pais consentíanlle todo para que non chorase e non se repetira o desastre.
Cando a princesiña cumpriu os dezaséis anos os seus pais decidiron que xa era o momento de contarlle o que acontecera.
Así o fixeron e... sabedes como reaccionou a caprichosa princesa?... Pois claro!, toda enrabechada comezou a patalexar e chorar ata que conseguiu unha nova inundación; pero esta vez a auga foi tanta que se converteu nun fermoso río. Por iso é que Ourense é a cidade da auga, gracias á princesiña do Ceo Infinito.

Paula Villa Rey

 

 

 

 

Entrega de premios certame microrrelatos. Telemiño

Entrega de premios certame microrrelatos. TVG



page | by Dr. Radut