Ferramenta desenvolvida polo equipo TICs

Ferramenta desenvolvida pola Comisión TICs do colexio e que permite incluír un vídeo de Youtube cun comezo e un final que desexemos, dentro doutras webs ou LMS (incluído o Moodle da Aula Virtual) sen necesidade de usar outras plataformas de terceiros que invadan a nosa privacidade.

A ferramenta permite:

    • Activar ou desactivar o modo de mellora da privacidade.
    • O vídeo iníciase ou NON automaticamente (autoplay).
    • Minimizar ou NON, as aparicións do logotipo de Youtube.
    • Amosar/NON amosar, vídeos relacionados tras finalizar reprodución.
    • Amosar/NON amosar, controles do reproductor.
    • Amosar/NON amosar, título do vídeo e accións do reprodutor
    • Amosar/NON amosar, botón de reproducción a pantalla completa

COMEZO DO PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022

Estimadas familias,

A partires do día 1 de marzo de 2021 ábrese o prazo para a solicitude de admisión de alumnado para o curso 2021-2022.

Esta convocatoria vai dirixida a alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato que se incorpora ao sistema ou que cambie de centro docente

O alumnado que continúa estudos no centro onde está matriculado ten garantida a súa permanencia nel e, polo tanto, non precisa dun novo procedemento de admisión.

Solicitudes

Distínguese:

·         Reserva de praza: Alumnado que cambia de etapa (Educación Infantil a Educación Primaria, Educación Primaria a Educación Secundaria Obrigatoria,...) e desexa continuar estudos no centro de adscrición. Este alumnado ten prioridade respecto do que non procede de centro adscrito.

Solicitude: Formulario ED550A

·         Ordinaria: Alumnado que se incorpora ao sistema educativo, cambia de centro e cando as solicitudes de reserva sexan superiores ás prazas dispoñibles

Solicitude: Formulario ED550B

·         Extraordinaria: Escolarización unha vez iniciado o curso por traslado de domicilio, situacións derivadas de acoso escolar, violencia de xénero e outros supostos

Solicitude: Modelo facilitado en cada Xefatura Territorial

 Prazo e lugares de presentación

  • Reserva de praza: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de cada ano. A solicitude preferiblemente cubrirase na aplicación admisionalumnado e presentarase en Sede Electrónica ou, de forma presencial, no centro de orixe do alumnado
  • Admisión: do 1 ao 22 de marzo, ambos incluídos. A solicitude preferiblemente cubrirase na aplicación admisionalumnado e presentarase en Sede Electrónica ou, de forma presencial, no centro escollido en primeiro lugar.

No caso da reserva ou da admisión, cando o último día do prazo sexa non lectivo prorrogarase ata o primeiro día lectivo inmediato seguinte. A solicitude poderá entregarse en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, empregando o formulario normalizado

  • Extraordinario: aberto durante todo o curso académico, presentando nas dependencias das Xefaturas Territoriais.

  

Documentación

  • Copia do DNI da persoa solicitantes e dos membros da unidade familiar (cando non autorice a súa consulta)
  • Copia do libro de familia
  • Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo

Toda a información relativa ao CENTRO atópase no bloque de SECRETARÍA-> MATRÍCULA.

Tamén tedes unha visita virtual e información sobre os servizos no bloque da esquerda e da ANPA.

AS PRESENTACIÓNS FEITAS NO CENTRO SERÁN PREVIA CITA NO  TFNO  881 960 324 DE 09:30h A 13:30h E NO EMAIL : citaprevia@ceipvalleinclan.org

Positivo Covid-19 no Centro

Estimadas familias,

No día de hoxe comunicouse dous novos positivos por Covid-19 no Centro.

Unha vez efectuada a comunicación, por parte das autoridades sanitarias indícannos a posta en corentena dos contactos estreitos, que, neste caso, afecta só a  unha parte do alumnado de dúas aulas de educación primaria. As súas familias xa foron informadas da situación.

O resto da comunidade educativa non foi considerada contacto estreito por parte de sanidade, polo que non é necesaria a corentena, acudindo ao Centro coma de costume.

Pregamos continúen mantendo as medidas de prevención.


Un saúdo, o equipo directivo.

Información ANPA Valle Inclán

Estimadas familias.

Desde a ANPA, trasládannos unha información que pode ser interesante para todos vós.

Positivos Covid-19 no Centro

Estimadas familias,

No día de onte,  pola tarde e hoxe ao mediodía comunicáronse dous positivos por Covid-19 no Centro.

Unha vez efectuada a comunicación, por parte das autoridades sanitarias indícannos que para estes dous novos casos NON se xeran contactos estreitos no Centro por estar en corentena preventiva.

O resto da comunidade educativa pode seguir acudindo ao Centro coma de costume.

Un saúdo, o equipo directivo.

Tour aulas 3 anos

Estimadas familias:

Xa que este ano por mor da Covid non podemos facer unha xornada de portas abertas, deixámosvos un pequeno video para que vexades as aulas e o patio de Infantil. Para coñecer o Centro completo podedes visitar o tour virtual na nosa web.


Proxecto Digicraft no noso Cole

O noso cole foi seleccionado para o Proxecto Digicraft, un proxecto piloto gracias á Fundacion Vodafone, Amtega e a Conselleria de Educación co que traballar de xeito transversal as competencias dixitais como unha oportunidade para un futuro mellor.

Este proxecto, no que participarán as aulas de 6ºB e 6ºC, ten como obxetivo formar a nenos e nenas entre 6 y 12 anos nas competencias dixitais, coa finalidade de que lideren o seu futuro.

O proxecto fundaméntase na aplicación da metodoloxía DigiCraft, que combina o mundo dixital co artesanal, e sobre a que se constrúen unha serie de itinerarios formativos que permitirán aos menores acercarse á competencia dixital dunha forma innovadora, a través do emprego de tecnoloxías emerxentes.

Ofrece aos centros asesoramento e formación para o profesorado implicado, licenzas de acceso aos contidos e guías didácticas para o desenvolvemento de actividades e dotación de tabletas e kits tecnolóxicos. Con eles, traballaranse conceptos como: realidade aumentada, videoxogos, programación básica, intelixencia artificial e robótica. O noso colexio pola súa banda, comprométese a crear un produto final e presentalo. Estamos moi ilusionados!

Trátase pois, de abrir ben os ollos ao mundo que nos rodea e utilizar as ferramentas e linguaxes do século XXI para poder melloralo. O noso alumnado, meréceo!

Positivos Covid-19 no Centro

Estimadas familias,

No día de hoxe comunicáronse un dous positivos por Covid-19 no Centro. Unha vez efectuada a comunicación, por parte das autoridades sanitarias indícannos que non se xeran contactos estreitos no Centro por ausencia.

O resto da comunidade educativa pode seguir acudindo ao Centro coma de costume e mantendo as medidas preventivas.

Un saúdo, o equipo directivo.

Distribuir contido

Back to top