Novas

 

Folla informativa prestacións escolarización 2019

Solicitude axudas escolarización 2019

Obradoiros

O Concello de Oleiros e a Fundación INGADA, a través do convenio subscrito entre ambos,  organizan uns obradoiros para facilitar o coñecemento sobre o TDAH e as súas repercusións na aprendizaxe:

“Abordaxe do TDAH desde a familia” dirixida a familias en xeral, terá lugar o mércores 24 de abril ás 19.00 h no Castelo de Santa Cruz.

Para as inscricións ou consulta de dúbidas podedes contactar a través do correo electrónico info@fundacioningada.net. Na inscrición é necesario mandar o email co nome e apelidos do/a participante.

O límite de prazas será de 35 persoas.

Concesión de axudas para asistencia a comedores escolares, curso 2018/19.

Publicada a listaxe de solicitudes de axudas para asistencia a comedores escolares durante o curso escolar 2018/19: as admitidas a trámite, as desestimadas e as que teñen que achegar documentación.

Convocatoria de axudas para asistencia a comedores escolares. Curso 2018-19

As solicitudes entregaranse no Rexistro da Fábrica con data tope 7 de novembro.

"A volta ao cole en positivo". Charla en aberto

Agardamos que teñades unha boa volta ao cole. Con este obxectivo e dada a boa acollida que tiveron o ano pasado as actividades relacionadas coa disciplina positiva que se ofertaron ás familias, queremos contribuir a que este inicio de curso escolar sexa o mellor posible.

Empezaremos cunha charla en aberto no auditorio da Fábrica o próximo xoves 20 de setembro ás 20:00 h co título A volta ao cole en positivo

Non é necesario apuntarse previamente, é de entrada libre.

Nesa charla, María Soto, especialista en Disciplina Positiva, daranos unha serie de pautas e recomendacións para afrontar o inicio do curso escolar con enerxía, con tranquilidade, en positivo, fuxindo dos enfrentamentos e sentando as bases para un bo curso escolar e unha boa convivencia familiar.

Preparar e acompañar emocionalmente aos nenos e ás nenas eses primeiros días, ofrecerlles estabilidade e axudarlles na planificación e organización, son aspectos que contribúen a crear un bo ambiente na familia e a iniciar o curso con seguridade e sen traumas. Recuperar hábitos e horarios dende a normalidade é fundamental.

Nesa mesma charla informarase dos obradoiros previstos sobre disciplina positiva: datas e horarios, lugar, período e forma de inscrición.

Prestacións de apoio á escolarización para o curso 2018-19

O día 06/06/2018 publicouse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña, núm. 106, o extracto da convocatoria de bases específicas do procedemento para a solicitude das prestacións de apoio á escolarización para o curso 2018/2019.

Back to top