No "Vales", en Galego

No Ceip "Fco. Vales Villamarín" en Galego

Oito de marzo. Día da muller traballadora

DÍA DA MULLER TRABALLADORADeixa o teu comentaio no muro que creamos para o Día da Muller Traballadora.

CLICA AQUÍ PARA IR OS COMENTARIOS

Clica nas frechas para ver todos os comentarios do muro.

usuario: 8marzomullertraballadora@gmail.com, o contrasinal xa o coñecedes. Clicar na palabra participar e logo introducir o nome de usuario e o contrasinal. 

Visitade No Vales en Galego para ver todo o que podedes facer no muro.

Xogade cos Libros Lim.

Clica no enlace para ver todo o contido: "No Vales en Galego".

 No blog da biblióteca un glogster do Día da Muller traballadora. Mulleres na pintura e un libriño para saber máis do Día da Muller traballadora. O glogster tamén se pode ver na "Clase del payaso". Máis recursos en econenos.

DIA DA MULLER TRABALLADORA

O 8 de marzo celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA. Mira o vídeo e clica nos enlaces para ver máis.

 

Participade no MURO VIRTUAL que aparece no "Vales", en galego, podedes escribirlles unha mensaxe ás mulleres, subir un video que vos guste ou unha canción relacionada con elas, un debuxo significativo dunha muller desempeñando profesións que non cabería esperar nela, unha frase na súa defensa, unha pregunta para a reflexión, un debuxo das vosas nais, avoas, irmás... Xogade cos libros Lim.

No "Vales", en galego

LIBRO LIM PARA EDUCACIÓN INFANTIL

LIBRO LIM PARA 1º CICLO

LIBRO LIM PARA 2º E 3º CICLO 

Día da Muller Traballadora

O 8 de marzo aparece no calendario escolar coma un día de conmemoración sinalado pola Consellería de Educación, pero... sabedes que se celebra este día?

O 8 de marzo de 1908 cento vinte e nove mulleres traballadoras da empresa textil "Cotton" de Nueva York declaráronse en folga e ocuparon as fábricas reivindicando unhas mellores condicións de traballo. Para aplacar a revolta lanzáronse dentro da factoría artefactos incendiarios con consecuencias nefastas. Pouco despois, en 1910, declarouse este día como o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA.

Non fai falta irnos a fai tantos anos para descubrir que o traballo da muller segue a ser invisible en moitos ámbitos da vida diaria. Velaquí tedes unha serie de datos para a reflexión que aporta a ONU:


- Un terzo das familias de todo o mundo está a cargo de mulleres soas.

- O 75% das persoas pobres son mulleres. 

- O 75% das persoas analfabetas son mulleres.

- Cada oito segundos unha muller é maltratada no mundo fisicamente.

- En lugares como China ou Bangladesh os infanticidios son selectivos.

- Os valores a ter en conta dos nenos e nenas seguen a ser diferentes segundo os xéneros.

- Os anuncios de TV seguen a dar unha imaxe estereotipada da muller.


Como vemos, aínda queda moito por facer a pesares de que nos últimos tempos as cousas cambiaron.

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Francisco Vales Villamarín queremos darlle ás mulleres traballadoras a súa pequena cota de protagonismo.

 


Neste MURO VIRTUAL que atoparedes picando na imaxe inferior podedes escribirlles un mensaxe ás mulleres, subir un video que vos guste ou unha canción relacionada con elas, un debuxo significativo dunha muller desempeñando profesións que non cabería esperar nela, unha frase na súa defensa, unha pregunta para a reflexión, un debuxo das vosas nais, avoas, irmás...

 Como sabedes, un dos muros máis famosos do mundo foi o MURO DE BERLÍN que se convertiu na imaxe da separación e a segregación e ao que moitos chamaron o "Muro da Vergoña". Sen embargo, moitos artistas e xente anónima, utilizárono como espazo de reivindicación e creación enchéndose de pintadas e debuxos que clamaban á igualdade e liberdade. 

Picade na imaxe para escribir nel:

CLICA  NAS FRECHAS PARA VER OS COMENTARIOS

 

A continuación presentámosvos unha serie de mulleres galegas famosas ao longo da historia:

- Druidesas celtas.

- Sanadoras e parteiras.

- María Castaña ou María Catiñeira.

- María Pita.

- Isabel Barreto.

- Rosalía de Castro.

- Concepción Arenal.

- Emilia Pardo Bazán.

- Maruja Mayo.

- Julia Minguillón.

- Hoxe en día, entre outras: Cristina Pato, Susana Seivane, Elena Salgado, Ana Pastor, Rosalía Mera...

- ...

PARA SABER ALGO MÁIS DELAS PICADE NA IMAXE.


POR TODAS ELAS E OUTRAS MOITAS DESCOÑECIDAS ESCRIBE NO NOSO MURO, A VER SE UN DÍA, AO FIN, PODEMOS DERRIBALO!

EDLG CEIP FRANCISCO VALES VILLAMARÍN


TRIPTICO EDLG

Ola a todos e todas! Aquí podedes ver o tríptico que realizamos o Equipo de dinamización da Lingua Galega coas actividades que fixemos ao longo do primeiro trimestre. E para o segundo máis! Esperamos que vos gusten, que o pasáredes ben e que usedes un pouquiño o galego!

Rincón "No Vales en Galego"

En cada corredor do noso centro temos un rincón para expoñer traballos con textos en galego, con slogans invitando á lectura en galego, receitas de cociña do outono e recomendacións de libros en galego, explicando o motivo de tal recomendación.


Rincón "No Vales en Galego"

Certame "Choven letras de Lois Pereiro"

Participamos coa páxina web "Choven Letras de Lois Pereiro" no certame convocado pola Fundación Caixa Galicia, nela atoparedes o xogo "Xogando con Lois", os crebacabezas cos murais feitos polos alumnos para o Día das Letras Galegas, a música de Fiandola,...


CHOVEN LETRAS DE LOIS PEREIRO

Letras Galegas 2011

enlace a actividade edilim do día das letras galegas

Distribuir contido