Para que as cousas suceden primeiro hai que soñalas.

Así comeza o noso proxecto educativo para este ano da man de "Virutas y el Arcoiris" libro de Marta Álvaro.

 

Temos un soño, acadar unha eduación de cores, e para acadala precisamos da axuda do noso alumnado. Deben decidir que queren ou poden facer para axudarnos a lograr o  noso soño.

É emocionante ver como se lles ilumina  a cara ante as nosas suxerencias e propostas, principalmente ante o proxecto da cociña e da horta. Gustaríame agradecer desde aquí a tod@s os alumos e alumnas  e mestres a súa ilusión e colaboración, e de xeito moi especial a Roi (2ºA) e Jesús (4º C).

    

 

Como di Jesús "Poco a poco nuestro mundo se va llenando de color".