AXUDAS PARA A VOLTA A ESCOLA

Benvidos e benvidas ao recén estreado curso 2015-2016!

De todos é sabido que o comezo de curso implica un gasto para as familias importante. Para mercar o material escolar ademáis das axudas facilitadas polo Concello, que se tramitan no mes de xullo, contades este ano coas axudas de 50€ facilitadas pola Xunta para renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros da que dispoñedes de información na páxina principal da web do centro e/ou secretaría.

Pero ademáis a Asociación de Cáritas Intereparroquial de Betanzos, situada na rúa Tomás da Pena nº 4 - Baixo, facilita todo tipo de material escolar e roupa para todas aquelas familias que o precisen e o soliciten acudindo ao local os Martes en horario de 17,00h - 20,00h.

Ante calquera dúbida ou necesidade poñédevos en contacto co Departamento de Orientación do centro e intentaremos axudarvos en todo o que poidamos.

Feliz curso 2015-2016.