BECAS para alumnado con NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

O Sábado 1 de agosto de 2015 publicouse no BOE  a convocatoria para solicitar  as axudas para alumnado con con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2015-2016.

Pinchade aquí para acceder ao documento.

 

Convócanse as seguintes axudas:

*Axudas para aqueles alumnos que requiran por un periodo da súa escolarización ou o longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de  discapacidade ou transtorno grave de conducta, incluindo o  alumnado afectado por TDAH.

·     * 

Axudas para programas específicos complementarios para alumnado de altas capacidades intelectual.

       * Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conducta para familias numerosas.

 

Clases de axudas: Ensinanzas;  Transporte interurbano:  Comedor escolar; Residencia escolar; Transporte por traslado de fin de semana de alumnos internos en centros de educación especial; Transporte urbano;  Libros e material didáctico; Reeducación pedagóxica ou da linguaxe

 Nota: Non pode concederse axuda de transporte para asistir ao gabinete ou centro no que realice a reeducación pedagóxica e de linguaxe, nin para asistir ao programa especial para personas con altas capacidades. Esta axuda é para asistir ao centro no que está escolarizado sempre e cando non estea cuberto con fondos públicos.

Os alumnos matriculados en educación infantil non teñen dereito a axuda por material didáctico por non estar incluído na convocatoria , e os matriculados en calquera outro nivel educativo do ensino obrigatorio (primaria e secundaria) por estar incluídos no programa de gratuidade de libros. Igualmente, as axudas de transporte, comedor, ensinanza e residencia non poderán concederse cando os ditos conceptos estean cubertos por servizos ou fondos públicos de calquera das entidades públicas (estatais, autonómicas, municipais...).

-      

 

A discapacidade ou transtorno grave de conduta deberá acreditarse por algunha das seguintes vías:

- certificado de discapacidade

- certificado do equipo de orientación educativa e psicopedagóxico da Comunidade Autónoma ou

- certificado do departamento de orientación dependente da administración educativa correspondente.

Para realizar a solicitide por dita modaliddae compre ter cumplidos dous anos de idade a 31/12/2014

A alta capacidad intelectual deberá acreditarse mediante certificado dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou do departamento de orientación dependente da administración educativa correspondente. Os solicitantes teñen que ter cumplidos seis anos de idade a 31/12/2015.

 

Solicitudes: deberán cumplimentarse mediante formulario accesible por internet na dirección

www.mecd.gob.es

ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte na dirección

https://sede.educación.gob.es

no apartado de “Trámites y Servicios”.

 

Presentar as solicitudes no centro docente.

 

Prazo: ata 30 de setembro.

 

 

Enlace

http://sede.educacion.gob.es/catalogo-tramites/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/primaria-secundaria/beca-necesidad-especifica.html