2 DE ABRIL DIA DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

 

Dende o primeiro ciclo do CEIP VALES VILLAMARÍN, coa colaboración do Departamento de Orientación, unímonos á celebración do 2 de Abril, día Mundial da Concienciación do Autismo.

Propoñemos a todos os que queirades que veñades vestidos deazul ou con algo azul o venres día 30 seguindo a iniciativa que propoñen as asociación de nais e pais de persoas con autismo.

 

 

E porqué esta cor?  Pois porque o azul pode ser unha cor tranquila e relaxante se é azul claro, pero se é azul oscuro pode ser a cor da tormenta. Esta é unha metáfora das vidas das persoas con autismo e dos que as rodean. Unhas veces son felices porque as cousas van saindo ben pero outras veces están tristes e preocupados porque xurden problemas de difícil solución, as cousas non son fáciles para eles. 

Algunhas das actividades que temos programadas son contar o conto "El cazo de Lorenzo" de Isabelle Carrier, que nos servirá como guía para entender as dificultades ás que se enfrentan estas persoas e todas aquelas ás que o seu "cazo" as fai diferentes. Podedes ver de que vai picando aquí.

 

 

Este é o manifesto que imos ler, está baseado nos puntos de Riviere: Que nos pediría un autista? e no material que ten na rede a Asociación Bata de Vilagarcía de Arousa. Con el pretendemos desmitificar o que se di das persoas con autismo: que non son cariñosas, que viven no seu mundo... Animámosvos a lelo para entender mellor como pensan, como sinten e como se relacionan estes nenos e nenas, e así acadar unha plena inclusión educativa que nos librere de medos e falsos prexuizos.

Para que vaiades practicando deixámosvos a canción que imos cantar ese día, tamén imos ter globos, puzzles... Un día movidiño en prol da igualdade entre as persoas e o seu dereito a ser diferentes.
Recordade, NO VALES, VALEMOS TODOS!