Concerto didáctico ROMEO E XULIETA

O 24 de maio teremos ocasión de disfrutar dunha nova visita ó Palacio da Ópera de A Coruña.
Os alumn@s de 6º asistirán  ao espectáculo Romeo e Xulieta da compañía catalana PER POC.
Disfrutaremos da maxia dos títeres no ballet de Sergéi Prokófiev, interpretado pola OSG e a compañía Per Poc. Os monicreques desenvolven a acción sobre a música descriptiva de Sergei Prokofiev que nos da en cada momento a tensión dramática de cada escena. Trátase dunha proposta moi visual, onde o principal protagonista é a música.

Aquí tedes unha mostra do que imos ver.