Blogues

ACTIVIDADE MUSICAL NO IES Fco. AGUIAR

Durante o mes de decembro, a rapazada de 1º de Primaria achegouse ata o instituto Francisco Aguiar para participar nunha actividade musical. O alumnado do Instituto musicalizou unha curta de Disney con instrumentos e obxectos cotiáns; a continuación os nenos e nenas de Primeiro puideron tocar eses instrumentos.

premede na imaxe!

 

XOGOS NO NADAL

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxo dous xogos para este tempo de nadal, o "Dígocho eu" e o "Pasapalabra especial Nadal" para promover o uso do galego entre o alumnado.

Botádelle un ollo ao resultado premendo na imaxe!

FESTIVAL DE CONTOS NO NADAL

Ao longo destes días gozamos de distintas actividades: manualidades, magos, contacontos, espectáculos, visita dos reis magos... e, por suposto, do noso festival do contos.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do noso gran festival!

CLICADE NA IMAXE

CAMPIONATO CUBO DE RUBIK

Durante varios recreos, alumnado do centro participou no campionato de cubo de Rubik organizado polos mestres e mestra de Educación Física.

Botádelle un ollo ao vídeo premendo na imaxe!

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O NADAL

O equipo da biblioteca fixo unha recompilación de lecturas para o nadal, premede na imaxe!

POLO BOSQUE DE HANSEL E GRETEL

A rapazada de 3º de Primaria visitou o museo de Belas Artes na Coruña. Da man de Ana e Laura, os nenos e nenas percorreron o museo seguindo as pegadas de Hansel e Gretel, descubrindo o misterioso mundo que agocha o bosque...

PREMEDE NA IMAXE...

PLENO INFANTIL

Para conmemorar o Día da Constitución, o alumnado de 6º de Primaria visitou o Concello para participar no pleno infantil.

Se queredes coñecer as mocións presentadas, premede na imaxe!

 

NOVEMBRO, mes da CIENCIA nas BIBLIOTECAS

As nenas e os nenos de 3º de Primaria achegáronse á biblioteca para iniciarse no método científico, a través dun sinxelo experimento relacionado coas plantas.

Premede na imaxe para coñecer máis polo miúdo o seu experimento...

DÍA DA DISCAPACIDADE EN INFANTIL

O día 3 de decembro conmemórase o Dia da Discapacidade.

En infantil fixeron unha xornada de xogos, coa colaboración das familias, nos que se intentaron poñer na pel dos demais. Tamén confeccionaron unha árbore para o "bosque dos contos" con diferentes follas, como diferentes somos todos e todas.

Coma sempre, moitas grazas familias!

PREMEDE NA IMAXE

SEMANA DA RECICLAXE

Durante esta semana a rapazada de Primaria trouxo da casa residuos, que coas súas mans, converteron en xoguetes para empregar durante as clases de Educación Física.

Unha forma divertida de concienciarnos sobre a redución e reutilización dos envases domésticos.

 

CLICADE NA IMAXE!

Distribuir contido