NOVAS DE ÚLTIMA HORA

Consenso xeneralizado entre Ministerio e CCAA en manter o calendario escolar e aprazar a ABAU.

 

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou hoxe na Conferencia Sectorial de Educación, convocada para analizar o impacto e as medidas en relación coa interrupción da actividade lectiva presencial con motivo da declaración do Estado de Alarma por parte do Goberno Central. No encontro houbo consenso xeneralizado de manter o calendario escolar, co obxectivo de transmitir unha mensaxe de continuidade e normalidade respecto ao ámbito académico.

Nesta liña, acordouse avaliar o segundo trimestre co traballo desenvolvido ata a interrupción das clases presenciais e modificar os contidos e competencias básicas previstas para o terceiro trimestre. Estas modificacións abordaranse nunha xuntanza en abril. Ademais, decidiuse suspender este curso as probas de avaliación diagnóstica. Carmen Pomar agradeceu o esforzo

que están a facer tanto docentes como familias para manter a poboación escolar activa e contribuír así á normalidade nesta situación excepcional.

Facendo click no seguin enlace poderá ler a nova completa.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30634