As nenas e nenos de 3º de Educación Primaria xuntámonos con outros compañeiros de outros coles no club de tenis de Pontevedra para probar este deporte. Foi unha experiencia moi divertida e enriquecedora e pasámolo moi ben.
O pasado día 25 realizamos cos nenos e nenas de 4º de Primaria un percorrido guiado polo centro histórico de Pontevedra para descubrir a cidade a través de xogos. A continuación deixámosvos algunhas fotos que sacamos durante a realización da actividade.
En relación ao proxecto deste ano no que traballamos sobre o tema da auga, estreamos a nosa nova caseta meteorolóxica que fabricou con moito agarimo o noso conserxe, Soto.
Ao longo destes meses vimos rexistrando os fenómenos atmosféricos da nosa contorna empregamos diferentes instrumentos. Isto nos serviu para observar os cambios no clima nas diferentes estacións e facer prediccións.
O martes, 23 de maio, de 16:30 a 17:30, teremos unha charla dun optometrista sobre "Visión e aprendizaxe", cómo o desarrollo general influe e se ve influenciado pola visión.
O pasado venres 5 de maio o alumnado de 6º de E.P. participou na feira de Pontenciencia onde presentaron a súa investigación "Adeus polos, adeus correntes mariñas", na que estudaron a influencia do desxeo dos polos nas correntes oceánicas e demostraron que esto pode chegar a frear estas correntes. Se queres ler un resumo da investigación fai click na imaxe.