Skip to Content

MUSEO DO MAR DE VIGO

Os nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria visitamos o museo do mar de Vigo. Coñecimos os distintos sistemas empregados na captura de moitas das especies das nosas costas. Visitamos un acuario con algunhas desas especies e rematamos a visita facendo un xogo de subastas coma se estivéramos nunha lonxa. Foi un gran día.

Álbum: Curso 22-23 -> Museo do mar de Vigo 3º e 4º

DÍA DA POESÍA

Para conmemorar o Día da Poesía tivemos no cole a visita da poeta Miriam Ferradáns, a cal fixo un obradoiro de poesía. Ademais, Larapeto fixo unha selección de libros de poesía que puidemos levar ás nosas casas. 

Álbum: Curso 22-23 -> Día da Poesía

XORNADAS SOBRE CARDIOPROTECCIÓN - PRIMEIROS AUXILIOS

O vindeiro 18 de abril celebraremos no cole unhas xornadas sobre CARDIOPROTECCIÓN-PRIMEIROS AUXILIOS. Estades convidad@s a vir á sesión de tarde para familias. Será GRATUÍTO para @s SOCIOS da ANPA e terá u prezo de 5€ para @s NON SOCIOS.

AGARDÁMOSVOS!

CARTEL XORNADAS CARDIOPROTECCIÓN

ESCOLAS DE FAMILIAS

No documento adxunto tedes información sobre as Escolas de Familia que se desenvolverán despois de Semana Santa dende o Concello de Pontevedra dentro do Plan Municipal de Prevención de Condutas Adictivas.

 

VISITA AOS BOMBEIROS DE PONTEVEDRA

Esta semana, o alumnado de infantil e de 1º e 2º de primaria, visitou o PARQUE DE BOMBEIROS DE PONTEVEDRA. 

A pesar do "mal tempo" disfrutaron moito e aprenderon moitas cousas desta profesión!

Álbum: Curso 22-23 -> Bombeiros Pontevedra

8M - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe, 8 de marzo, celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Por este motivo, tivemos unha invitada moi especial: unha bombeira forestal!

Grazas Leti por vir e contarnos o importante que é o teu traballo e por visibilizar a presenza de mulleres nel! Aprendimos moito de ti!

Álbum: Curso 22-23 -> 8M Día Internacional da Muller

CONVIVENCIA DEPORTIVA CO CEIP CABANAS

Xornada de convivencia deportiva cos nenos e nenas de 4º EP do CEIP Cabanas que se achegaron ao noso cole para practicar: bádminton, floorball, kickball e pelota canadiense. Compartimos unha xornada moi especial practicando deportes e disfrutando da convivencia.

Álbum: Curso 22-23 -> Convivencia CEIP Cabanas

NOVA VIDA NO COLE DE XEVE.

Despois de 21 días agardando e observando, un dos nosos ovos eclosionou.

Así foi como naceu o noso pitiño!

 

QUÉN VIVE AÍ?

O programa Revitaliza achegounos a coñecer aos bechos que viven no noso composteiro. Os nenos e nenas de 3ºEP buscamos, apartamos con moito coidado e observamos aos distintos insectos que conviven no composteiro do noso cole, coñecendo un pouco máis sobre as súas características e a súa importancia no noso ecosistema. Foi moi interesante.

NAUTILUS

Os nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria visitamos o teatro para ver a obra "Nautilus", unha adaptación da obra de Julio Verme. A pesar de transcorrer toda a obra dentro dunha peceira, foi moi interesasnte, relacionado co proxecto de centro sobre a auga e a prevención da súa contaminación.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut