Skip to Content

EXCURSIÓN AO GROVE

O pasado 20 de xuño íamos de excursión ao Grove todo o colexio! Visitamos o Acuario, fomos en barco e, mentres uns foron á praia, outros visitamos a Aldea Grobit na Illa da Toxa. 

 

Pasámolo tan ben que algúns e algunhas viñeron durmindo de volta!

Álbum: Curso 22-23 -> Excursión ao Grove

Recomendacións lectoras VERÁN

Agora que chegan as vacacións e os días de descanso aquí vos ofrecemos unhas propostas para transportarvos a outros lugares e pasar tempo en familia.

Pincha na imaxe se queres ver estas recomendacións.

Álbum: Curso 22-23 -> Recomendacións lectoras VERÁN

TENIS

As nenas e nenos de 3º de Educación Primaria xuntámonos con outros compañeiros de outros coles no club de tenis de Pontevedra para probar este deporte. Foi unha experiencia moi divertida e enriquecedora e pasámolo moi ben.

EXCURSIÓN A MANZANEDA

Os alumnos/as de 6º de E.P. despídense do cole cunha aventura en Manzaneda.

Este vídeo creado por unha alumna mostra perfectamente o ben que o pasaron.

 

ROTEIRO INFANTIL DE 4º DE PRIMARIA

O pasado día 25 realizamos cos nenos e nenas de 4º de Primaria un percorrido guiado polo centro histórico de Pontevedra para descubrir a cidade a través de xogos. A continuación deixámosvos algunhas fotos que sacamos durante a realización da actividade. 

 

 

 

 

METEOESCOLAS

En relación ao proxecto deste ano no que traballamos sobre o tema da auga, estreamos a nosa nova caseta meteorolóxica que fabricou con moito agarimo o noso conserxe, Soto.

Ao longo destes meses vimos rexistrando os fenómenos atmosféricos da nosa contorna empregamos diferentes instrumentos. Isto nos serviu para observar os cambios no clima nas diferentes estacións e facer prediccións.

Álbum: Curso 22-23 -> Meteoescolas

RECOMENDACIÓNS LECTORAS LETRAS GALEGAS

Con motivo da celebración das Letras Galegas, desde a Biblioteca do cole achegámosvos unhas recomendacións lectoras en galego.

 

Álbum: Curso 22-23 -> Recomendacións lectoras LETRAS GALEGAS

POESÍAS SOBRE A AUGA

Durante o segundo trimestre estivemos traballando a poesía relacionada coa temática do noso PDI: a auga.

Estas son as orixinais creacións que fixemos. Fai click na imaxe para lelas. 

Distribuir contido


by Dr. Radut