ADMISIÓN DE ALUMNADO 2021/2022. LISTAXES DEFINITIVAS E INSTRUCCIÓNS
Finalizado o prazo de presentación de reclamaciones e non tendo que realizar ningunha modificación, informamos de que as listaxes provisionais pasan a ser as definitivas e polo tanto procedemos á publicación das mesmas no taboleiro físico do colexio, situado na entrada principal, para a súa consulta. Todo o alumnado que presentou a solicitude foi admitido.
INSTRUCCIÓNS:
Tedes que formalizar a matrícula na secretaría do centro entre o 21 e o 30 de xuño. A documentación a presentar será a seguinte:
- Impreso de matrícula: Pódese descargar aquí ou recollerse na secretaría do centro.
- Certificado de empadroamento
- 4 fotografías tamaño carné.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Fotocopia do libro de vacinas ou certificado médico.
- Enquisa para determinar a lingua predominante.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
FORMALIZACIÓN MATRÍCULA_0.pdf | 427.85 KB |
Enquisa Infantil.pdf | 60.39 KB |