Anuncio de apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar para o curso 2016-2017
Os pais/nais/titores e acolledores familiares, que desexen colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión que se atopan na Dirección do centro.
O prazo para presentar solicitues estará aberto ata o día 11 de setembro de 2016.
Esta é a nosa alfombra de flores. O plan era facela no Centro de día, xa que nos invitaron a decorar cos Maiores a que tiñan preparada eles, pero o día amaneceu chuvioso e arruinou a saída. Debuxamos este Trisquel e por cursos, fomos recubríndoo cos pétalos que trouxeramos.
O xoves 1 de outubro, na BIBLIOTECA da nosa escola , disfrutamos do teatro cos títeres de "A Xanela do Maxín" Compartiron connosco historias e aventuras e regaláronnos momentos inesquecibles. Tod@s disfrutamos có espectáculo "Chincha Rabincha" que nos ensinou o truco para rematar cos pesadelos que atormentan aos nenos e nenas polas noites.