Tecendo a paz
Entre todos e todas quixemos tecer unha grande rede de desexos e compromisos para reivindicar na escola a resolución non violenta dos conflictos . Cada neno/a debuxou o seu autorretrato e escribiu o seu compromiso persoal.
Co Himno á alegría e "Rock sen guerra"
Recitado de poemas: O nenos e nenas de 2º recitaron un poema que eles mesmos escribiron.
Unímonos aos valentes. Iniciativa Mediaset Se buscan valientes (El Langui), Rap contra o abuso na escola. Sumámonos a esta iniciativa facendo nosa a canción que tan famosa se fixo estes días para cantala o día da PAZ.