Skip to Content

Chans do Carrasco, s/n - RANDUFE - 36713 -Tui (Pontevedra)           Teléfonos de contacto: 886 110 808886 110 809              Correo electrónico: ceip.randufe@edu.xunta.gal

  

 

 

 

            
      

                                                                                                   

NOVIDADES

          Xa están na biblioteca os últimos libros. Esperamos que vos gusten.

APADRIÑAMENTO LECTOR

          Un ano máis, todos os venres do mes de maio, tivemos na nosa escola o Apadriñamento Lector, no que o alumnado dos cursos superiores len ao de E. Infantil, 1º e 2º. Os maiores desfrutan guiando aos pequenos,   e os pequenos están encantados de recibir esas preciosas lecturas con tanto agarimo.

 

 

 

 

 

NOVIDADES

           Con estas novas adquisicións completamos os fondos adicados ao Día das Letras Galegas, que este ano homenaxea á figura de Luisa Villalta. Entre eles, atopamos algúns libros coa súa biografía e os seus poemas. Esperamos que vos gusten.

 

Día das Letras Galegas: Luísa Villalta

Un ano máis, no cole de Randufe celebramos as nosas verbas, autores e libros máis senlleiros.

Este curso, estudamos e gozamos dos poemas e textos de Luísa Villalta que soaban como melodías para os nosos oídos.  Por iso, os estudantes prepararon un recital poético na súa honra. 

As palabras entoaban melodías!

Ademais, queremos agradecer a Yago e Jacobo que nos acompañaron neste día tan especial. Queredes ver unha mostra? 

Aquí tedes! 

 
 
 
 
 

PRÁCTICAS RESTAURATIVAS

 

CÍRCULOS DE DÍALOGO

 

Estas semanas estivemos a por en práctica a formación que estamos a facer

sobre as PRÁCTICAS RESTAURATIVAS na educación nos cursos de 1º e 4ºde EP.

 

O enfoque restaurativo permite construir un conxunto de valores, actitudes,

tradicións, comportamentos que rexeitan a violencia e preveñen os conflitos e

así solucionar os problemas mediante o diálogo entre as personas.

 

 

No seguinte adxunto tedes máis información sobre as accións realizadas no cole !!!

 

 

 

FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL PARA O CURSO 2024-2025

 

Aberto o prazo dende o 21 de maio ata o 21 de xuño de 2024 (incluído)

 

DOCUMENTACIÓN:

-Anexo I e II debidamente cubertos e asinados

-Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren  todos os membros computables.

-En caso de separación ou divorcio sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

 

Poden  remitir a solicitude cuberta a través dos seus fillos/as, ou cubrila a través da Sede electrónica.

Para máis información pinche no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

 

 

 


 

 

Canción do mes de maio coa Familia Caamagno

Chegou a primavera e é tempo dos maios, das Letras Galegas e.., de mover o esquelete!

Este mes de maio queremos recomendarvos a música da Familia Caamagno, un grupo de música rock de Sigüeiro. Nesta ocasión estes rapaces só queren bailar!

Escoitade!

 

 

Novo programa da Radio Escolar: 6º de Primaria

Radio Municipal de Tui | Túy

Unha vez máis, o noso cole participou na Radio Municipal de Tui cunha recomendación lectora que deixou a todos os oíntes abraiados.

Nesta ocasión, a rapazada de 6º de Primaria presentou o libro Wonder que fala da diversidade, a convivencia e a empatía. 

Se non o coñeces, escoita con moita atención.

 

 

DÍA DO LIBRO 2024

DÍA DO LIBRO

Dentro do proxecto “Así convivimos no CEIP de Randufe....” , este ano, quixemos conmemorar o Día do Libro coa celebración dunha SEMANA INTERCULTURAL.

O respecto á diversidade é esencial para acadar una convivencia pacífica, e tendo en conta os dramas que estamos vivindo actualmente no mundo, quixemos  aproveitar a diversidade cultural que existe no noso centro para poñela en valor.

De esta forma, elaboramos  unha lista coas diferentes nacionalidades do noso alumnado e cada clase encargouse de facer un traballo de investigación sobre cada un dos países .

Finalmente prepararon uns "STANDS" para presentar o resultado que foron  visitando todos os cursos!!!

Nestes vídeos  podemos ver algúns deles!!!

 
 
Ademais deste marabilloso traballo,  ao longo da semana , cada curso contou ao resto do alumnado un CONTO típico do  seu país !!! 
  

 

 
 
 
PARABÉNS A TODOS E TODAS E... VIVA A DIVERSIDADE!!!
 
 

TUI LE

         O pasado día 19, o alumnado de 1º e 2º asistiu á Área Panorámica de Tui para celebrar o "Tui Le". Como levamos facendo nos últimos anos, xuntámonos cos colexios e institutos do concello de Tui para festexar a festa das letras e dos libros, contando ademais coa colaboración da Biblioteca Municipal e a Concellería de Ensino. 

        Intercambiamos libros, asistimos á actuación de "Pakolas e Laura Romero" e visitamos a exposición de carteis que fixo o alumnado participante.

        Esperamos darlle continuidade a esta celebración e animar así a todos a que se acheguen ao fantástico mundo dos libros.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut