Skip to Content

Chans do Carrasco, s/n - RANDUFE - 36713 -Tui (Pontevedra)           Teléfonos de contacto: 886 110 808886 110 809              Correo electrónico: ceip.randufe@edu.xunta.gal

  

 

 

 

            
      

                                                                                                   

POSTOS ESCOLARES VACANTES PARA O CURSO 2023-2024

EDUCACIÓN INFANTIL

           4º Ed. Infantil                                                     25 (3 NEAE)                         
5º Ed. Infantil 17
6º Ed. Infantil 11

 

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

      1º Ed.Primaria                                           10 (3 NEAE)                   
2º Ed. Primaria 10
3º Ed. Primaria 18
4º Ed. Primaria 9
5º Ed. primaria 22
6º Ed. Primaria 6

O valor da Convivencia

As rapazas e os rapaces de Valores de 4º B traballaron o valor da Convivencia durante o mes de xaneiro. Tanto o noso proxecto CO-CO coma a celebración do Día da Paz, recórdannos canto de importante é unha convivencia pacífica en calquera ámbito. Tamén na escola. Este proxecto recolle as súas conclusión sobre o que é necesario para isto.

 

Saída a Vigo: visita ao Castro e as salinas

O alumnado de cuarto de Primaria estivo aprendendo dos poboados prerromanos e a Romanización así que tivemos a oportunidade de descubrilo por nós mesmos.

                                          Mirade que ben o pasamos!

 

Radio Escolar na Radio Tui

Unha vez, @s estudantes do CEIP Randufe brilan na Radio Municipal de Tui coa súa recomendación lectora. 

Que fantástico traballo fixeron @s rapaces de 4º A e 4ºB tanto na creación como na locución do seu guión sobre o libro "La historia del Rainbow Warrior".

Ah! Que non o escoitachedes hoxe? Non vos preocupedes. Aquí volo deixamos para compartir con toda a familia.

Bo traballo!

SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA 2023/2024

SOLICITUDE DE RESERVA

Aberto o prazo do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro 

 

Toda a información do procedemento no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38867

 

O procedemento vai dirixido ao alumnado que cambia de etapa educativa (Ed Infantil do CRA Mestra Clara Torres e alumnos de 6º do Ceip de Randufe que pretenda continuar estudos no IES San Paio).

 

Documentación:

- Anexo I (ED550A) asinado plos 2 proxenitores.

- DNI do alumno/a.

- Sentenza de divorcio de ser o caso

 

A solicitude de reserva de praza será única e presentarase no centro de orixe ou na sede electrónica a través da aplicación admisión alumnado.

Cantigas de Reis

ESTREA MUNDIAL!

                GRANDE ACTUACIÓN DOS ESTUDANTES DE 3º E 4º!

                                   NON A PERDADES!

 

GUÍA DE LECTURA DE NADAL

Mes da Ciencia en Galego: Evariste Galois e Ángeles Alvariño

Parece que o mes de novembro xa nos quere abandonar mais non podemos deixar pasar a oportunidade de mostrarvos o moito que traballaron e aprenderon @s estudantes do noso cole sobre o mundo mariño e os grupos matemáticos. 

Moitas grazas  pola colaboración e, recordade:

                COIDAR OS NOSOS OCÉANOS E COUSA DE TOD@S!

Este é o resultado do noso estudo:

 

25 de Novembro. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Traballar a igualdade de xénero desde a escola, é a base fundamental dunha sociedade libre de violencias de xénero. Neste sentido, as actividades realizadas este ano dese as diversas titorías, xiraron en torno a eliminación dos esteriotipos relacionados co xénero,así como previr situacións de discriminación sexista.

Baixo o lema "A IGUALDADE ESTÁ NAS NOSAS MANS" reflexionamos sobre a igualdade dende diferentes perspectivas e rematamos cun obradoiro de MANS onde cada un de nós expresamos o noso rexeitamento á violencia de xénero.

20 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

O 20 de novembro celebrouse un ano máis o Día Internacional dos Dereitos da Infancia.

Pero como todos sabemos, hai moitos países nos que tanto os dereitos dos/as nenos/as como os dos adultos NON SON RESPECTADOS.

Por este motivo, familias enteiras vense na obriga de marcharen dos seus respectivos países e vivir noutros como refuxiados.

Este é o caso de dous alumnos afgáns que acaban de chegar ao noso centro e que elaboraron este bonito mural coa colaboración do alumnado de 4º B, coa intención de lembrarnos a todos/as, en galego, castelán e persa, que os Dereitos da Infancia DEBERÍAN DE SER RESPECTADOS EN TODO O MUNDO.

Distribuir contido


by Dr. Radut