Skip to Content

Chans do Carrasco, s/n - RANDUFE - 36713 -Tui (Pontevedra)           Teléfonos de contacto: 886 110 808886 110 809              Correo electrónico: ceip.randufe@edu.xunta.gal

  

 

 

 

            
      

                                                                                                   

PLAN DIXITAL

CORRELINGUA 2023

Un ano máis, o CEIP Randufe participou no Correlingua. Esta camiñada representa unha defensa do uso do galego, especialmente, en idades temperás. 

@s estudantes de 4º e 6º de Primaria pasearon pola vila de Ponteareas e asistiron un concerto musical da banda Mekánika Rolling Band que nos fixo bailar a tod@s.

Pasámolo pipa!

                     NA CASA OU NA ESCOLA, SACA A LINGUA FÓRA.

 

 

BOTA A LINGUA FÓRA de Laura Aldea

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS/AS PARA O CURSO 2023/2024

Informamos que están publicadas as listaxes provisionais de admitidos/as no taboleiro do colexio e que tamén se poden consultar dixitalmente na aplicación Admisiónalumnado utilizando a Chave 365 ou Certificado Dixital.

Todas as solicitudes presentadas, foron admitidas e terán praza para o vindeiro curso. 

Poderá formular reclamación ante o consello escolar no prazo de 5 días hábiles.

As listaxes definitivas publicaranse antes do 15 de maio.

Radio escolar: Elmer

Estimados radiooíntes de Radio Tui e toda a Comunidade Educativa do CEIP Randufe:

Non perdades detalle da recomendación lectora dos estudantes de 2º de Educación Primaria e 6º de Educación Infantil.

                                    Canto talento neste cole! 

Revista Andoriña- A xanela de Rosalía

        Extra .... extra!

Nova publicación da revista escolar Andoriña que recolle todos os traballos do noso alumnado na celebración do día de Rosalía. É unha visión ecoloxista da poesía Rosaliana onde se compara a paisaxe que describe Rosalía de Castro e unha paisaxe que sufriu as consecuencias dos humanos: a contaminación!

 

Radio escolar: o grupo de 6º na Radio Municipal de Tui

Unha vez máis, o alumnado  de sexto da nosa escola fixo un traballo incrible recomendando o libro "O principiño" para toda a comarca do Baixo Miño.

Non perdades detalle do programa...

                        ES...PEC....TA ....CU ...LAR!

 

 

ENTROIDO 17 DE FEBREIRO

ORDES DE CHISCO

 

 

En galego... máis e mellor: as palabras homofonas

ESTREA MUNDIAL DO NOSO SEGUNDO EPISODIO!!!!

                       EN GALEGO... MÁIS E MELLOR!

O alumnado de 4ºB quérevos ensinar a usar correctamente certas palabras "difíciles"

                                                   Tres, dous, un... ACCIÓN!

 

 

CALENDARIO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-2024

Normativa:

  Normativa 13/2022 do 3 de febreiro 

Orde 21 de outubro do 2022

 

 DO 15 XANEIRO AO 6 DE FEBREIRO DO 2023    

 Reserva de praza para o alumnado que termina etapa educativa:

 - Alumnado de 6º de Ed. Primaria que pasa para o IES San     Paio.

 - Alumnado de 6º de Ed. Infantil do CRA Mestra Clara Torres que ven para o Ceip de Randufe.                                               

 22 DE FEBREIRO DE 2023

 

Publicación listaxe de alumnado con praza reservada
DO 1 AO 20 DE MARZO DE 2023

 Periodo de admisión. Solicitude de plaza para:

- O alumnado que se incorpora por 1ª vez ao sistema educativo.

- Os que cambian de centro de maneira voluntaria.

25 DE ABRIL DE 2023

 Publicación listaxe provisional de admitidos.

5 días hábiles para formular reclamación (dende o día seguinte da súa publicación)

 15 DE MAIO DE 2023

 Publicación listaxes definitivas.

 DO 20 AO 30 DE XUÑO DE 2023

Prazo de formalización de matrícula.
Distribuir contido


by Dr. Radut