TUI LE

         O pasado día 19, o alumnado de 1º e 2º asistiu á Área Panorámica de Tui para celebrar o "Tui Le". Como levamos facendo nos últimos anos, xuntámonos cos colexios e institutos do concello de Tui para festexar a festa das letras e dos libros, contando ademais coa colaboración da Biblioteca Municipal e a Concellería de Ensino. 

        Intercambiamos libros, asistimos á actuación de "Pakolas e Laura Romero" e visitamos a exposición de carteis que fixo o alumnado participante.

        Esperamos darlle continuidade a esta celebración e animar así a todos a que se acheguen ao fantástico mundo dos libros.