Skip to Content

Chans do Carrasco, s/n - RANDUFE - 36713 -Tui (Pontevedra)           Teléfonos de contacto: 886 110 808886 110 809              Correo electrónico: ceip.randufe@edu.xunta.gal

  

 

 

 

            
      

                                                                                                   

Construímos?

CONSTRUÍNDO A PAZ A TRAVÉS DOS CONTOS: VÍDEOS DO ALUMNADO

Finalmente a través do proxecto do cole “Construímos?” convertemos os valores aprendidos en ladrillos brancos cos que construímos unha casa.  Este espazo representa o noso fogar, o noso centro, a nosa vila, a nosa comunidade... E todo grazas aos  alumnos  e  alumnas do cole que son e serán os verdadeiros construtores dun MUNDO EN PAZ!!!!

Exposición de libros polo mes da ciencia

Co gallo do mes da ciencia, tivemos na entrada da nosa biblioteca esta exposición tan interesante acerca das diferentes ramas da ciencia: astronomía, botánica, bioloxía, física...

 

Ademais, ampliamos a exposición da entrada do noso PDI "Construímos?", incluíndo a temática na que nos centramos este mes da ciencia: AS PONTES. Pouco a pouco irase enchendo coas pontes creadas dende as diferentes aulas.

 

Exposición do comezo do noso Proxecto Documental Integrado (PDI)

O vindeiro mércores será a inauguración da exposición do proxecto que imos traballar ao longo de todo o curso. Titúlase "Construímos?, e trata sobre a arquitectura (interrelacionándoa con todas as materias), e sobre a mellora dos espazos educativos. 

Distribuir contido


by Dr. Radut