Skip to Content

Chans do Carrasco, s/n - RANDUFE - 36713 -Tui (Pontevedra)           Teléfonos de contacto: 886 110 808886 110 809              Correo electrónico: ceip.randufe@edu.xunta.gal

  

 

 

 

            
      

                                                                                                   

CONTACONTOS

         Hai uns días tivemos a sorte de contar coa visita de Sabela Gago e David Rodríguez, que nos contaron uns contos marabillosos.                       

         Desfrutamos moito con eles!

 

 

 

                             

En galego, máis e... mellor!

Estrea mundia!

Unha nova entrega dos vídeos, "Em galego máis e... mellor! 

Nesta ocasión, a rapazada de 4º nos ensina a diferenza entre sustantivos individuais e colectivos.

Non perdades a ocasión de aprender con eles!

Ollo piollo!

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS/AS PARA O CURSO 2024/2025

Informamos que están publicadas as listaxes provisionais de admitidos/as no taboleiro do colexio e que tamén se poden consultar dixitalmente na aplicación Admisiónalumnado utilizando a Chave 365 ou Certificado Dixital.

Todas as solicitudes presentadas, foron admitidas e terán praza para o vindeiro curso. 

Poderá formular reclamación ante o consello escolar no prazo de 5 días hábiles.

As listaxes definitivas publicaranse antes do 15 de maio.

Canción do mes abril: Quen é a que canta?

Na honra das festas de San Telmo e a visita das fillas de Cassandra a nosa vila, presentamos a canción de mes de abril que crearon xunto as Tanxugueiras. Así que... 

                             


                                     A BAILAR!

Radio Escolar na Radio Municipal de Tui.

Ola oíntes de Radio Municpal de Tui e Comunidade do CEIP Randufe!

Hoxe, a rapazada do cole de Randufe quérevos recomendar un conto que, eles mesmos, leron xuntos. O seu título é "Un ovo de lobo". Non perdades a entrevista que lle fixeron os rapaces de 6º de Infantil aos seus compañeir@s de 3º de Primaria. 

Haiche moito talento neste cole! 

DÍA DA MULLER

O día  8 de marzo  reunímonos para  celebrar o Día Internacional da Muller.

Os voluntari@s de 6º de EP foron os encargados de guiar o acto e a canción de "Tataravoa" de Fillas de Casandra foi a elixida para conmemorar este día:

 Este día  non é só unha ocasión para lembrar os logros históricos das mulleres na loita pola igualdade de xénero, senón tamén aproveitamos para reflexionar sobre os desafíos que aínda enfrontan as nenas e as mulleres en todo o mundo.

Así, este ano as nosas conclusións quedaron plasmadas nestasbolboretas:


Finalmente compartir con todos e todas este DECÁLOGO realizado polos alumnos e alumnas de 3º de E.P:

 

Día de Rosalía: a cor da emoción

Un ano máis, no CEIP Randufe nos achegamos a poesía de Rosalía dende a emoción que reflicten os seus versos. Ninguén mellor que o noso alumnado para presentar os sentimentos das súas verbas.

 

DÍA DE ROSALÍA

            Aquí temos ao noso alumnado desfrutando da obra de Rosalía de Castro no seu día e achegándose á poesía.

 

       

Canción do m es de marzo: 8 marzo, Día da muller traballadora

Un novo mes xa chegou e, polo tanto, unha nova canción para cantar, bailar e gozar.

Neste mes de marzo celebramos o día da muller traballadora así que, como non podía ser menos, a nosa canción é unha homenaxe a todas as mulleres que son "brillantes activistas da vida cotiá". 

Escoitade con atención!

 

POSTOS ESCOLARES VACANTES CURSO 2024-2025

 

 

 

 4º Ed. Infantil      17+3 NEAE
 5º Ed. Infantil      9
 6º Ed. Infantil      11
1º  Ed. Primaria    2
2º  Ed. Primaria    2
3º  Ed. Primaria    4
4º  Ed. Primaria    10
5º  Ed. Primaria    5
6º  Ed. Primaria    9

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut