Skip to Content

Curso 2023/24

Celebración Letras Galegas

PROGRAMA VOZ NATURA: ANÍMATE A RECICLAR AO RITMO DESTA CANCIÓN!!

Dentro do programa VOZ NATURA o alumnado,  en colaboración coa coordinadora do programa e profesor de música,   prepararon e ensaiaron moito para amosarvos esta magnífica canción, homenaxeando a Concha Velasco, para que vos animedes a reciclar. ANIMÁDEVOS!!!!

 

CELEBRACIÓN DÍA DO LIBRO.

Estimadas familias:

Foi un auténtico pracer escoitar da man dos avós, avoas...as súas historias, experiencias persoais, contos...Unha actividade que encheu os nosos corazóns de nostalxia e de moito agradecemento por poder compartir con vós esta semana adicada ao libro. 

Podedes ver as fotos das diversas sesións de contacontos na GALERIA DE FOTOS. Premede AQUI 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Estimadas familias:

Co motivo do inicio no mes de marzo do  período de admisión,  queremos convidarvos a unha sesión de portas abertas.

A dirección. 

Podedes facer un pequeno percorrido virtual polo noso colexio e saber como se traballa na etapa de infantil clicando aquí.

Os servizos complementarios que ofrece o centro son:

  • Transporte.
  • Servizo de madrugadores por parte do Concello.
  • Comedor escolar por parte do Concello.
  • Actividades extraescolares xestionadas pola ANPA.

VÉMONOS O 27 DE FEBREIRO, ÁS 17:00H!

ENTROIDO 2024

Estimadas familias:

O venres 9 de febreiro celebraremos o Entroido. Se as condicións climatolóxicas nolo permiten, realizaremos un pequeno desfile ás 11:45h ao igual que o curso pasado. Se clicades na imaxe veredes os mandatos do Meco ou tamén no arquivo adxunto.

A dirección.

CONMEMORACIÓN DÍA DA PAZ 2024.

Co motivo da celebración do Día da Paz deixamos aquí un vídeo elaborado polo alumnado de sexto de primaria A. En breve subiremos o acto celebrado.

 

 

 

I XORNADAS SOBRE CIENCIA NO CEIP RAMÓN CABANILLAS.

Hoxe deron comezo no colexio as I Xornadas sobre Ciencia onde os máis maiores a través de diferentes experimentos achegan a ciencia aos máis cativos do colexio. 

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO, SAMAÍN E HALLOWEEN.

Estimadas familias:

O seguinte vídeo é un resumo do día da celebración do Samaín, Magosto e Halloween. O noso agradecemento a ANPA pola súa colaboración e a todos e a todas os que durante esa mañá estiveron asándonos as castañas que degustamos e que estaban moi sabedoras.

clica na imaxe para ver o vídeo

BODEGÓNS DE OUTONO NO CEIP RAMÓN CABANILLAS.

Estimadas familias:

Aquí vos deixamos unha mostra dos bodegóns que realizamos coa recolleita de produtos que vós nos trouxéchedes ao centro.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

APERTURA DA BIBLIOTECA : XVIII XORNADAS PASÁMOLO DE MEDO NO SAMAÍN.

Por fin chegou o día!!! A biblioteca abríu as súas portas e non podía ser mellor ocasión cunha semana de contacontos aproveitando a chegada do SAMAÍN. Quedan inauguradas as XVIII Xornadas PASÁMOLO DE MEDO NO SAMAÍN. Aquí os primeiros contacontos.

SEMANA DO LIBRO: OS AVÓS E AVOAS TAMÉN CONTAN

Empezamos hoxe venres 19 coa actividade OS AVÓS E AVOAS TAMÉN CONTAN, seguindo coa lectura por parte das familias que iniciamos o curso pasado dende a Biblioteca. Este ano a invitación ás familias ademais de lecturas incluen a posibiliade de contar anecdotas e experiencias da súa nenez, dentro do proxecto do centro: O PASO DO TEMPO.

 

QUENDAS PERÍODO DE ADAPTACIÓN 23-24

* O ALUMNADO PODE SER IDENTIFICADO POLAS FAMILIAS ATENDENDO ÁS INICIAIS DO ALUMNO/A DO CENTRO (1º APELIDO 2º APELIDO, NOME)

Documento en pdf.

MATERIAL EDUCACIÓN INFANTIL

O material e libros de texto (Proxecto Croqueta 1º trimestre no caso do alumnado de 4 anos) de educación infantil traerase ao Colexio o 6 de setembro de 10 a 13h, o resto dos libros permanece na casa ata novo aviso, as titoras.

O libro de inglés traerase tamén en setembro.

 Material 3 anos 

 Material 4 anos  

 Material 5 anos  

RECOLLIDA DE VALES E FONDO LIBROS

A partir do luns 10 de xullo, poden recoller os VALES das axudas de material escolar de 1º a 6º e os VALES para libros de texto de 1º e 2º de primaria  os/as solicitantes que teñen dereito aos mesmos, preferentemente en horario de 10 a 13.

Publicadas as listas provisionais de admisión do Programa Fondo Solidario de Libros de Texto de 3º e 4º de primaria.

Publicadas as listas definitivas de admisión do Programa Fondo Solidario de Libros de Texto de 3º e 4º de primaria.

Os interesados poderán consultar o estado do seu expediente (reparto de libros do fondo e vales) accedendo á aplicación no menú "Cidadán".

Información importante.

Extraescolares - ANPA 2023/24

 

Para as familias interesadas,
aí van as follas informativas e de inscrición para as actividades extraescolares.
 
Calquera dúbida ou observación, avisade, por favor.
ANPA As Brañas do CEIP Ramón Cabanillas
anpa.ceipramoncabanillas@gmail.com

REUNIÓN ED. INFANTIL 3 ANOS

Á atención das familias de alumnado que teñen concedida praza en Educación Infantil de tres anos para o curso 2023-2024.

Terán unha reunión colectiva co profesorado o mércores 28 de xuño, ás 13:00 horas, na Biblioteca do cole.

Lémbraselles que deben formalizar a matrícula dos seus fillos e fillas do 20 ao 30 de xuño.

MATRICULA ALUMNADO CURSO 2023-2024

O alumnado que obtivo praza neste centro, pode formalizar a matrícula cumprimentando o ANEXO III, DENDE O 20 AO 30 DE XUÑO,  xunto a seguinte documentación:

  • Fotocopia dos DNI.
  • Fotocopia do libro de familia.
  • Certificado de empadroamento actualizado da unidade familiar, sempre que cambiase a situación.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria e cartilla de vacinas.
  • Autorización de permiso de imaxe e saídas extraescolares.
  • Cuestionario uso da lingua.
  • Certificado que acredite minusvalía do alumno/a, se procede.
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  • 2 fotos tamaño carné

Pódense descargar os impresos nos documentos adxuntos ou ben solicitalos na conserxería do centro.

Meteogalicia

Saída de 3ª a METEOGALICIA onde nos explicaron as prediccións metereolóxicas, os aparellos da estación metereoloxica de Santiago e de sorpresa vimos commo soltaban o globo a radiosondaxe!!!

TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2023/24

CIRCULAR INFORMATIVA PARA A SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2023/2024

O alumnado matriculado actualmente no centro e que non o fixese ou que este curso non empregara o servizo de transporte e o necesite o vindeiro curso, debe manifestar expresamente mediante escrito, indicando o nome da parada, dirixido á dirección do centro a necesidade de utilizar o servizo de transporte escolar.

Lembren que:

  • Non terá dereito ao servizo de transporte o alumnado que solicite e obteña praza nun centro distinto ao que lle corresponde por zona de influencia (Excepcionalmente terán dereito irmás e irmáns do alumnado xa escolarizado con carácter forzoso). Artigo 6 Orde 12 de marzo de 2013

  • Terá dereito ao servizo de transporte o alumnado que teña o seu domicilio a unha distancia do centro superior aos 2 Km. Decreto 203/1986

  • As solicitudes de uso excepcional realizaranse anualmente a través de dirección e, de ser concedidas, serán para cada curso escolar, sempre que non sexa preciso asignar as prazas ao novo alumnado con dereito preferente. O feito de obter praza non lle outorga ao beneficiario dereito ningún no futuro.

Presentar en secretaría o anexo correspondente antes do 7 de xullo.

RELACIÓN DE RUTAS E PARADAS

 RUTA DE ANGROIS:.....................VER MAPA

 RUTA DE PONTEPEDRIÑA:............ VER MAPA

 RUTA DE SAR:............................ VER MAPA

Circular transporte familias

Solicitude transporte ordinario

Solicitude transporte excepcional

Distribuir contido


by Dr. Radut