Skip to Content

Furelo 2013

Xa tedes a revista Furelo 2013 ao voso dispor. Este ano non se publica en papel, porque Furelo dende que ten a súa páxina web modernizouse e pasouse ao formato dixital. Di que é polo ben dos nosos bosques. Que quererá dicir?. Se alguén o entende que mo explique. Podedes deixar as vosas suxestións na caixa do correo da biblioteca.

Traballastes tan arreo este ano que nos saíu unha revista MOI GRANDE, por iso está dividida en dúas partes:

  • Parte I, cos traballos de Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Educación Primaria.
  • Parte II, cos de Segundo e Terceiro Ciclo de Educación Primaria.

Podedes abrila para lela cantas veces vos pete. Ampliar as páxinas para ver con máis detalle os vosos traballos. Se queredes descargala e gardala nos vosos ordenadores, nun cd, ou dvd, tamén podedes. Tamén se pode imprimir, pero se entendestes a razón pola que Furelo non quixo facelo, seguro que vós tampouco quereredes.

DESFRUTADE DELA.

Premede neste enlace para chegar

https://sites.google.com/site/engalegopolasnubes/revista-furelo-2013

 


 



page | by Dr. Radut